James L. Miller
Aparencia
- Non confundir co camarógrafo, produtor e director galés James Miller.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de maio de 1932 |
| Morte | 29 de novembro de 2003 (71 anos) |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade Loyola. |
| Q89547790 | Fundador e editor de COINage. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática, edición. |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jill Miller. |
| Premios | |
| 1979: Medalla ao Mérito (ANA). 1988: Premio Clemy (NLG). 1990: Premio Farran Zerbe Memorial (ANA). | |
James L. Miller, nado o 9 de maio de 1932 e finado en Ventura, California, o 29 de novembro de 2003, foi un editor e numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]James L. Miller, grao acad na Universidade Loyola, foi un dos fundadores da revista numismática CoinAge en 1964, e logo o seu editor.[1]
En 1974 foi nomeado membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[1]
Durante toda a súa traxectoria como numismático estivo moi vinculado á American Numismatic Association, que o distinguiu con varios dos seus premios máis sinalados.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Miller casou con Jill Miller, con quen tivo tres fillas.[1]
Finou en Ventura, California, o 29 de novembro de 2003, aos 71 anos,[1] afectado por un cancro de gorxa.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1979: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA).[3]
- 1988: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[4]
- 1990: Premio Farran Zerbe Memorial (ANA).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Smith, P. (2025).
- ↑ Homren, W. (2003). "Coinage Founder James Miller Dies". En The E-Sylum. Vol. 6. Nº 51. 30 de novembro.
- 1 2 "Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Asociation (Money.org).
- ↑ "The Clemy Award Winners Arquivado 22 de decembro de 2025 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild (Nlgonline.org).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2025). "Miller, James L.". En American Numismatic Biographies. Páxina 301.