Clement F. Bailey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de novembro de 1920 |
| Morte | 10 de marzo de 1987 (66 anos) |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade Estatal de Mississippi. |
| Actividade | |
| Ocupación | Numismático, autor. |
| Empregador | Numismatic News. COINage Magazine. |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Miriam Louell (1946). |
| Fillos | Constance Bailey. |
| Premios | |
| 1968: Premio Clemy (NLG). | |
Clement F. Bailey, nado en Fort Wayne, Indiana, o 30 de novembro de 1920 e finado en Palm Springs, California, o 10 de marzo de 1987, foi un numismático e autor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bailey, nado en 1920 en Fort Wayne, Indiana, cursou os seus estudos superiores na Universidade Estatal de Mississippi. Logo de participar na segunda guerra mundial —na que foi condecorado coa Estrela de Bronce—, traballou na compañía Electro-Voice Incorporated,[1] como asistente da dirección de control de calidade.[2]
A figura de Bailey destaca polo seu labor como autor numismático. Foi colaborador da publicación Numismatic Times and Trends, posteriormente absorvida por Krause Publications, en 1962. Logo, en 1964, ingresou como responsable dunha sección na revista Numismatic News, e a partir de 1971 comezou a colaborar en varias publicacións numismáticas como autor independente. Entre 1981 e 1986 foi o editor principal da popular revista COINage Magazine.[1][2]
Bailey foi un dos fundadores do Numismatic Literary Guild, unha organización que escolleu como denominación do seu premio principal "Clemy", na súa honra.[2] El foi, ademais, o primeiro perceptor do premio.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Clement F. Bailey casou en 1946 con Miriam Louell, con quen tivo unha filla,[1] chamada Constance.[2]
Bailey finou en Palm Springs, California, o 10 de marzo de 1987 aos 66 anos.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1968: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Smith, P. (2025).
- 1 2 3 4 5 "Obituaries: Clement F. Bailey. ANA 34697". En The Numismatist. Maio de 1987. Páxina 1.112.
- ↑ "The Clemy Award". Numismatic Literary Guild (en inglés). 2011-09-08. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2025. Consultado o 2025-10-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2025). "Bailey, Clement F.". En American Numismatic Biographies. Páxina 23.