Saltar ao contido

Anthony Swiatek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnthony Swiatek
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1941
Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónCity College of New York .
Actividade
OcupaciónNumismático.

Anthony Swiatek, nado en Brooklyn, Nova York, o 31 de xullo de 1941, é un numismático estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Swiatek licenciouse no City College de Nova York en 1969, e acadou un mestrado na mesma universidade en 1972.[1]

Entre 1969 e 1979 traballou como profesor en Brooklin, actividade que compaxinaba co comercio numismático. En 1979 abandonou a súa carreira docente para se dedicar por completo á numismática.[1]

Como autor, os seus traballos céntranse sinaladamente nas moedas conmemorativas do seu país. Foi presidente da Society for U. S. Commemorative Coins e membro da xunta directiva do Numismatic Literary Guild. En 1991 foi elixido membro da xunta de goberno da American Numismatic Association (ANA),[1] entidade que presidiu entre 1997 e 1999.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Estes son algúns dos premios máis salientables dos que Anthony Swiatek foi merecedor ao longo da súa carreira:[1][3]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Anthony Swiatek foi colaborador habitual de diversas revistas numismáticas estadounidenses, como Coin World, COINage e Coins Magazine, onde publicou os seus artigos. Estes son os principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:[7]

  1. 1 2 3 4 Smith, P. (2012).
  2. ↑ "ANA Presidents 1891 to the Present". American Numismatic Association.
  3. ↑ "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  4. ↑ "Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).
  5. ↑ "The Clemy Award Winners Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild.
  6. ↑ "Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org).
  7. ↑ "Swiatek, Anthony". WorldCat.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]