Peter Smith
| Nome orixinal | Peter Craig Smith. |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 24 de xuño de 1944. Redwood Falls, Minnesota. |
| País de nacionalidade | Estadounidense |
| Educación | Universidade Estatal de Minnesota, Mankato. |
| Actividade | |
| Ocupación | Numismático, autor. |
| Membro de | Early American Coppers Club. Numismatic Literary Guild. Numismatic Bibliomania Society. Northwest Coin Club. Token and Medal Society. |
| Premios | |
| 1996: Howland Wood Memorial (ANA). 2016: Glenn Smedley Memorial (ANA). 2017: Robert Friedberg (PNG). | |
Peter Craig Smith, tamén coñecido como Pete Smith, nado en Redwood Falls, Minnesota, o 24 de xuño de 1944, é un autor numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Redwood Falls, Peter Smith pasou a súa infancia na localidade de New Ulm, no mesmo estado de Minnesota.[1]
Logo da súa graduación na Universidade Estatal de Minnesota en Mankato en 1966, traballou en diversas escolas públicas de Minneapolis entre 1973 e 1989. Posteriormente traballou para o despacho de avogados Dorsey & Whitney (1993-2001) e para unha compañía dedicada ao comercio de moedas (2003-2018).[1]
Smith é un estudoso da numismática, e entre as súas especialidades destacan as primeiras emisións de cobre dos Estados Unidos. Entre 1979 e 2007 exerceu como historiador do Early American Coppers Club. Tamén é membro do Numismatic Literary Guild e da Numismatic Bibliomania Society, en cuxa xunta directiva ingresou en 1997, actuando como presidente entre 2001 e 2007. Igualmente foi historiador, vicepresidente e finalmente presidente do Northwest Coin Club, e membro da xunta directiva da Token and Medal Society.[1]
En 1996, Smith resultou premiado pola American Numismatic Association pola súa exposición titulada The Challenging Literature of A. M. Smith,[2] na convención que esta entidade organizou ese ano en Denver, Colorado.[3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1996: premio Howland Wood Memorial, da American Numismatic Association.[3]
- 2016: premio Glenn Smedley Memorial, da ANA.[4]
- 2017: Premio Robert Friedberg, do Professional Numismatists Guild (PNG).
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]A maior parte das súas publicacións son en liña, accesibles e actualizadas periodicamente. Tamén mantivo unha columna no xornal The Numismatist, desde 1993 a decembro de 2002, titulada "Names in Numismatics".[1]
- (1985). "United States Turban Cents 1808-1814". En America’s Copper Coinage 1783-1857. Coinage of the Americas Conference Proceedings Nº 1. American Numismatic Society, Nova York. Páxinas 149-174. ISBN ISBN 0-89722-207-5
- (1992). American Numismatic Biographies. Edición en liña [actualizada periodicamente desde a 1ª ed. en 1992].
- (2017). 1792: Birth of a Nation’s Coinage (con J. J. Orosz e L. Augsburger). Ivy Press. ISBN 978-1633512986
- (2022). Portrait Medals of American Numismatists 1867-2021. [actualizada periodicamente desde a 1ª ed. en 2022].
- (2024). Personal Tokens and Medals of American Numismatists. Edición en liña [actualizada periodicamente desde a 1ª ed. en 2024].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Smith, P. (2012).
- ↑ The Challenging Literature of A. M. Smith. Exposición da American Numismatic Association. Denver, 17 de agosto de 1996.
- 1 2 "Smith Takes Top Honors in Exhibit Competition". En The Numismatist. Vol. 109. Nº 10. Outubro de 1996. Páxinas 1.176-1.179.
- ↑ "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2025). "Smith, Peter Craig "Pete"". En American Numismatic Biographies. Páxina 401.