Saltar ao contido

David Harper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «David C. Harper»)
Modelo:BiografíaDavid Harper
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Gary Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin.
Q89547790Redactor de Krause Publications.
Actividade
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

David C. Harper, nado en Gary, Indiana, o 24 de xullo de 1955, é un xornalista e editor numismático estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

David Harper iniciouse no mundo do coleccionismo numismático en 1963, á idade de oito anos, cunha modesta colección de moedas dun centavo de dólar, e en 1969 subscribiuse á revista Numismatic News, sen saber que anos despois marcaría o seu futuro profesional.[1]

Harper cursou os seus estudos superiores de Xornalismo e de Economía,[1] na Universidade de Wisconsin en Oshkosh, onde se graduou en 1977.[2]

O 17 de abril de 1978 ingresou na editora numismática Krause Publications, e durante as súas catro décadas de vinculación con esa compañía foi editor de varias revistas numismáticas, como Coins Magazine, World Coin News, Bank Note Reporter e Numismatic News.[1][2]

Entre outros cargos en entidades de carácter asociativo, Harper foi membro da xunta directiva do Numismatic Literary Guild (NLG) entre 1989 e 1991.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 "David C. Harper". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 96.
  2. 1 2 3 4 5 Smith, P. (2012).
  3. 1 2 3 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  4. ↑ "The Clemy Award Winners Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]