Saltar ao contido

Barbara J. Gregory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBarbara J. Gregory
Nome orixinalBarbara Jean Gregory.
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1964.
Geneva, Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos.
País de nacionalidade Estadounidense.
EducaciónAlfred University, Nova York.
Actividade
OcupaciónNumismático e editora.
Membro de
Premios
2004: Embaixador Numismático (FUN).
2006: Premio Clemy (NLG).
2021: Salón da Fama da ANA.
2023: Elvira Clain-Stefanelli Memorial (ANA).

Barbara Jean Gregory, nada en Geneva, New York, o 14 de marzo de 1954, é unha editora e numismática estadounidense.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bárbara J. Gregory cursosu estudos superiores de Lingua Inglesa na Alfred University,[2] de Nova York, onde se graduou en 1976.[1]

En 1980 iniciou a súa carreira editorial como ilustradora médica asistente na Universidade de Rochester, Nova York, e como editora axudante da publicación Aeronautics Digest, publicada pola Academia das Forzas Aéreas dos Estados Unidos en Colorado Springs, Colorado.[2]

A partir de 1981 comezou a súa vinculación laboral coa American Numismatic Association (ANA) como asistente editorial, e en 1985 pasou a ser editora de produción. En 1988 converteuse na primeira muller editora da principal publicación periódica desta entidade, The Numismatist, e en 1990 foi nomeada editora xeral de todas as súas publicacións,[1] posto que ocupou ata a súa xubilación en 2020.[2]

Á parte da súa vinculación á ANA, Gregory tamén é membro do Numismatic Literary Guild, que en 2004 a nomeou "embaixadora numismática", ademais de horala con outros galardóns.[1]

Logo da súa xubilación na ANA, en 2022 foi nomeada editora de The Centinel, a revista da Central States Numismatic Society.[1][3][4]

Á marxe do seu labor editorial, Gregory é coleccionista de medallas deseñadas polo medallista Jacques Wiener e, ademais, medallas relacionadas co entretemento e a cinematografía.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 Smith, P. (2012).
  2. 1 2 3 "The Numismatist Editor-in-Chief Barbara Gregory to Retire". En Coins Weekly. 30 de abril de 2020.
  3. ↑ "Barbara Gregory is the New Editor of The Centinel". En Coins Weekly. 20 de xaneiro de 2022.
  4. ↑ Giggs, W. T. (2021). "Barbara Gregory takes the helm of CSNS journal". En Coin World. 9 de decembro.
  5. ↑ "Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).
  6. ↑ "The Clemy Award Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org).
  7. ↑ "Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Assiciation (Money.org).
  8. ↑ "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  9. ↑ Newsletter, Greysheet-Coin Dealer. "Years of Numismatic Dedication Lead to Prestigious Awards from American Numismatic Association". www.greysheet.com. Consultado o 2025-10-09.
  10. ↑ "Barbara J. Gregory, Others Receive ANA Awards". En Coin Week. 14 de xullo de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]