O nome Ergoiena significa en éuscaroa terra máis alta. Está formado por (h)err(i) (terra, país ou vila), goien (o máis alto) e -a (artigo). Ergoiena forma unha especia de desvío do val de Sakana. Está situado a máis altitude que o resto das vilas veciñas da comarca, que ocupan o fondo do val. Lizarraga atópase a 589 m de altura, fronte aos 508 m de Etxarri Aranatz ou os 515 m de Bakaiku. É por iso que se cre que deriva o nome de Ergoiena. O mesmo topónimo aparece noutros lugares do País Vasco e Navarra referíndose sempre a barrios ou lugares altos.
No ano 2023 contaba cunha poboación de 380 habitantes.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.