Chocontá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Almeidas, da que é capital. O concello atópase a 75 km ó nordés de Bogotá, cidade coa que se conecta pola Troncal Central do Norte (Ruta Nacional 55). A altitude media é de 2689 m s. n. m. O clima é tépedo, cunha temperatura media anual de 13 °C, presentando abondosas choivas durante o ano.[1]