Caparrapí, oficialmente Villa de Caparrapí, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Bajo Magdalena, a 172 km ó noroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 23 °C[1] e a altitude media da cabeceira municipal é de 1271 m s. n. m.[2]
O asentamento dos indíxenas caparrapís estaba na confluencia da crebada Guatachí co río Negro, distante do lugar actual.[3]
Nos primeiros días de 1560, Antonio de Toledo fundou e poboou a Vila de Caparrapí por orde de Real Audiencia de Santafé de Bogotá, no outeiro deste nome. A fundación tamén se lle atribúe a Gutiérrez de Ovalle en 1562 cando trasladou a localización de La Palma. Estas fundacións refírense a La Palma, nos diferentes sitios que estivo, mais non a Caparrapí, que non foi vila senón pobo de indios.[3]