Saltar ao contido

Avesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avesta
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ambientado en
 Edicións
 Lingua
 Relixión
Implicados
 Autor/a
Datas
 Período
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0g_f2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Avesta antigamente denominado Zend-Avesta ou Zenda Avesta é a colección de libros sagrados da relixión de Zoroastro.[1] Os libros escribíronse en lingua avesta, os máis antigos, e palevi, os máis recentes. Os libros elaboráronse en diferentes épocas, os máis antigos, os Gâthâs, compúxoos o propio Zoroastro, e durante séculos transmitíronse por tradición oral. Non se conservan todos os libros, segundo a tradición porque Alexandre Magno mandou queimalos. A fixación máis antiga conservada por escrito dos textos data de 1278.

Grupos de libros

[editar | editar a fonte]
  • Yasna, contén as normas para a liturxia, en especial instrucións para os sacrificios e uns himnos denominados Gâthâs en honra do deus supremo, Ahura Mazda.
  • Vispered, textos serodios con instrucións para os fieis e oracións.
  • Vendidad, relatos da creación, da vida despois da morte .
  • Yasth: Himnos e oracións dirixidos aos anxos e divindades menores.
  1. ↑ "Zend-Avesta" (PDF). dn720004.ca.archive.org. Consultado o 25 de agosto de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]