tvG2
Aparencia
| TvG2 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A tvG2[1], ata setembro do 2009 chamada G2, é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia.
Características
[editar | editar a fonte]A súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil e xuvenil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Primeira RFEF, da Segunda RFEF, da Terceira RFEF, da Liga Galega de Traiñeiras, da Liga ACT e do Campionato Mundial de Motocrós entre outras.
A canle emite só en TDT as 24 horas do día, desde que o 14 de setembro de 2009 se presentase a nova grella de programación, na que a G2 é unha canle con programación completa. A súa cota de pantalla é do 0,8%.
En setembro do 2009 a canle cambiou o seu nome de G2 a tvG2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O nome vai en minúscula". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2013. Consultado o 16 de maio de 2010.