6.019 (1850) 36.562 (1981) 36.496 (1982) 36.676 (1983) 36.820 (1984) 37.088 (1985) 37.074 (1986) 37.187 (1987) 37.310 (1988) 37.707 (1989) censo 37.950 (1990) censo 38.548 (1991) censo 38.481 (1992) 38.692 (1993) censo 38.925 (1994) censo 39.094 (1995) censo 39.253 (1996) censo 39.420 (1997) censo 39.854 (1998) censo 39.956 (1999) censo 39.981 (2000) censo 40.294 (2001) censo 40.662 (2002) censo 40.850 (2003) censo 41.000 (2004) censo 41.138 (2005) censo 41.177 (2006) censo 41.642 (2007) censo 42.129 (2008) censo 42.330 (2009) censo 42.726 (2010) censo 42.764 (2011) censo 42.735 (2012) censo 42.929 (2013) censo 43.303 (2014) censo 43.500 (2015) censo 43.568 (2016) censo 43.743 (2017) censo 43.723 (2018) 43.734 (2018) censo 44.271 (2019) 43.476 (2020) censo 43.630 (2021) censo 43.905 (2023) censo
Segundo datos de 2024, a comuna de Thun ten arredor de 43.900 habitantes, mentres que na súa aglomeración urbana viven aproximadamente 82.000 persoas.
A lingua oficial de Thun é o alemán (na súa variedade estándar suíza); porén, a lingua máis falada é a variante local do dialecto suízo-alemánalemánico.
O nome da cidade deriva do celtaDunum, que significa cidade fortificada. No 58 AC caeu baixo o dominio de Roma, converténdose nun dos principais centros administrativos da rexión. Arredor do ano 400 DC foi conquistada polos burgundios e no 1033 pasou a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
En 1384 foi mercada polo cantón de Berna. Foi capital do cantón de Oberland durante a República Helvética.
O castelo de Thun foi erguido no século XII polo Duque Bertold V de Zähringen. Existe outro castelo, o Schadau, construído no século XIX nun estilo neogótico e que acolle o Museo Gastronómico Suízo. A Casa do Concello é do século XVI.