Saltar ao contido

Santurtzi

Santurtzi
 Nome orixinal
    Santurce (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Santurtzi (eu) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    santurtziar (eu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1075 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
Santurtzi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.370 (1910) censo
4.646 (1920) censo
8.074 (1930) censo
8.466 (1940) censo
10.224 (1950) censo
25.570 (1960) censo
46.194 (1970) censo
53.329 (1981) censo
50.124 (1991) censo
49.976 (1996) censo
48.962 (1998) censo
48.515 (1999) censo
47.999 (2000) censo
47.736 (2001) rexistro civil
47.460 (2002) rexistro civil
47.037 (2004) rexistro civil
47.155 (2005) rexistro civil
47.320 (2006) rexistro civil
47.094 (2007) rexistro civil
47.004 (2008) rexistro civil
46.978 (2009) rexistro civil
47.101 (2010) rexistro civil
47.076 (2011) rexistro civil
47.129 (2012) rexistro civil
47.020 (2013) rexistro civil
46.651 (2014) rexistro civil
46.284 (2015) rexistro civil
46.043 (2016) rexistro civil
45.765 (2017) rexistro civil
45.795 (2018) rexistro civil
45.853 (2019) rexistro civil
46.069 (2020) rexistro civil
46.085 (2021) rexistro civil
45.749 (2022) rexistro civil
46.057 (2023) rexistro civil
46.247 (2024) rexistro civil
46.442 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   23.830 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   22.023 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   6,8 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal48980 Editar o valor en Wikidata
Código INE48082 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap348916 Editar o valor en Wikidata
VIAF123310453 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/088zfh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX451188
Wikidata C:Commons

Santurtzi[1] é un municipio español da provincia de Biscaia, pertencente á comarca do Gran Bilbao. Historicamente, en cambio, formou parte ata comezos do século XIX dos Tres Concellos do Val de Somorrostro en Enkarterri. Ten unha poboación de 47.076 habitantes (2011).

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Conta a tradición que a actual igrexa de San Xurxo, en Santurtzi, foi orixinalmente un mosteiro fundado por uns monxes de orixe inglesa, que fuxindo de conflitos relixiosos, foron a recalar na costa biscaíña, no Val de Somorrostro. En torno a este mosteiro xurdiría o pobo de Santurtzi.

O nome Santurtzi deriva do latín Sant Georgi, ao igual que a ermida do mesmo nome que existiu en Gordexola preto de Iduibaltza (Okondo). A primeira mención escrita deste topónimo data do 1075. No devandito documento, escrito en latín, menciónase ao Monasterium Sant Georgis. Posteriormente, durante a Idade Media o nome sería transcribido de moi diversas formas San Jurdic (1249), Santurce (1333), San Yurdie, Sautuye, Santurtzi (1372). No século XV aparece mencionado como Sturse, Santurse e Santursi.

A denominación en éuscaro, única oficial dende 1983, é Santurtzi. Tradicionalmente, en castelán coñeceuse como Santurce. O xentilicio dos seus habitantes é santurtziarra.

Localización

[editar | editar a fonte]

Santurtzi atópase situado na costa do mar Cantábrico, na marxe esquerda da desembocadura da ría de Bilbao e aos pés do monte Serantes (452 msnm, aínda que tradicionalmente constou 446 m). Limita ao sur con Ortuella, ao leste con Portugalete e ao oeste con Abanto Zierbena e con Zierbena.

Posúe unha orografía moi accidentada aínda que, a excepción do monte Serantes (452 m) -un dos seus elementos topográficos máis simbólico-, non presenta grandes alturas, situándose as máis significativas nos contrafortes do propio Serantes: O Mazo (245 m) e os Cuetos (123 e 106 m). O seu relevo inscríbese dentro do flanco norte do chamado anticlinal de Biscaia. É un relevo de tipo estrutural correspondendo a unha serie de materiais do cretáceo (calcarias urgonienses) ao longo de Punta Lucero-Serantes suavemente inclinados cara á ría.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno010.00020.00030.00040.00050.00060.00019001920194019601980200020202040SanturtziEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Características

[editar | editar a fonte]

O clima en Santurtzi está baixo a influencia do clima oceánico húmido. As temperaturas son suaves durante todo o ano, con choivas máis frecuentes na primavera e outono, invernos benignos e veráns non excesivamente calorosos. A temperatura media no verán é de 20 °C e de 8 °C no inverno.

A beleza da paisaxe e a calidade da súa gastronomía xunto coa hospitalidade dos santurzanos son só algúns atractivos dos que o visitante pode gozar. Santurtzi é unha vila mariñeira que soubo conservar os seus costumes a pesar do seu gran crecemento. A vida neste Concello, está marcada polo mar, que inspira o seu traballo e o seu lecer. A pesca e as regatas de traiñeiras e as festas marianas da Virxe do Carme manteñen vivas as súas raíces. E da gastronomía que dicir, en todo o mundo é coñecido o bo trato que ao peixe dáselle en Santurtzi, en especial ao besugo e como non, ás sardiñas en lugares como o restaurante Mandanga ou o internacionalmente coñecido Currito.

  1. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1890. ISBN 9788482893600.