Saltar ao contido

Portal:Bolivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
null
Mapa de Bolivia Benvido ó Portal de Bolivia!
Bolivia markan portal ukarux walikpun jutapxtaxa!

Portal de Bolivia

Bolivia (coñecido oficialmente como Estado Plurinacional de Bolivia; en quechua: Puliwya Mamallaqta, aimará: Wuliwya Suyu, en guaraní: Tetã Hetãvoregua Mborivia) é un país do oeste de América do Sur que limita polo norte e leste co Brasil, polo sur con Paraguai e a Arxentina, e polo oeste con Chile e o Perú. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz. A meirande cidade e principal centro industrial é Santa Cruz de la Sierra, que se atopa en Llanos Orientales (as terras baixas tropicais), unha rexión principalmente chá do leste do país.

O estado soberano de Bolivia é un constitucionalmente un estado unitario dividido en nove departmentos. A súa xeografía varía dende os cumios dos Andes no oeste, ás terras baixas do leste, que se atopan dentro da bacía do río Amazonas. Un terzo do país atópase dentro da cadea montañosa dos Andes. Cunha área de 1,098,581 km², Bolivia é o quinto maior país de América do Sur, despois do Brasil, a Arxentina, o Perú e Colombia (e xunto con Paraguai, é un dos dous únicos países sen costa de América), o 27º meirande do mundo, o meirande estado sen litoral do hemisferio sur e o sétimo maior país sen costa do mundo, despois de Kazakhstán, Mongolia, o Chad, Níxer, Malí e Etiopía.

A poboación do país, estimada en 11 millóns de persoas, é multiétnica, incluíndo indíxenas, mestizos, europeos, asiáticos e africanos. A segregación racial e social que comezou na colonización española continuou até a era moderna. O castelán é a lingua oficial e predominante, aínda que outras 36 linguas indíxenas adquiriron status oficial, sendo as máis comúns o guaraní, o aimará e o quechua.

Artigo destacado

editar

O katarismo (en quechua: katariy) é un movemento político en Bolivia que recibe o nome do dirixente indíxena do século XVIII Túpac Katari. A súa formulación, sumada ao indixenismo, son o sustento ideolóxico e organizativo dos procesos de emerxencia indíxena desenvolvidos dende a década de 1970 e teñen o seu punto culminante nas mobilizacións contra as políticas neoliberais dos anos 2000 ao 2005, que levaron á presidencia de Bolivia ao dirixente Evo Morales. As formulacións indianistas e kataristas foron parcialmente incorporados na nova Constitución política do Estado boliviano de 2009 e no discurso oficial do goberno de Morales formulados como o «vivir ben» e o «estado plurinacional», mais non foron plenamente realizados.

O movemento katarista empezou a articularse publicamente a comezos dos anos 1970 recuperando a identidade política do pobo aimará. O movemento centrouse en dúas claves que o legado colonial permitiu nas repúblicas latinoamericanas despois dos procesos de independencia e que a poboación indíxena constitúe a maioría demográfica (e así esencialmente, política) en Bolivia. O katarismo fai visible a dobre opresión dos pobos indíxenas de Bolivia as de clase (no marxista, sentido económico) e opresión étnica.

Lugar de interese

editar

A Casa da Moeda de Bolivia, herdeira da anterior Real Casa da Moeda de Potosí ou, simplemente, Ceca de Potosí da época colonial española, foi unha casa de moeda situada na cidade boliviana de Potosí, establecida en 1572 e activa ata 1953.

A maior parte da prata que se transportaba a través da América española procedía da ceca de Potosí, fundamentalmente en forma de moedas coñecidas como «reais de oito», que se converteron na principal moeda internacional durante o Imperio Español, coñecida internacionalmente como «dólar español».

Logo do seu pechamento como establecemento fabril, as instalacións da casa da moeda convertéronse en museo, instalado no edificio da súa segunda sede.

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada
...Arquivo
Biografía destacada

editar

Bartolina Sisa Vargas, nada en Caracato, Vicerreinado do Perú, o 24 de agosto de 1750 ou 1753, e finada na Paz, Vicerreinado do Río da Prata, Imperio Español, o 5 de setembro de 1782, foi unha unha muller aimará e heroína indíxena. Durante a época da colonia loitou xunto co seu esposo Julián Apaza, coñecido como Túpac Katari, organizou varios campamentos militares e participou do cerco á cidade da Paz. Foi traizoada e entregada ás autoridades españolas do vicerreinado, que posteriormente a executaron. Na súa honra o 5 de setembro conmemórase o Día Internacional da Muller Indíxena.
Sabías que...?

editar

Carmen García Mamani.

  • ...a senadora quechua Carmen García Mamani axudou a aprobar reformas educativas en Bolivia que incorporaron coñecementos indíxenas e tradicionais?.


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario