Saltar ao contido

Cullera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cullera
 Nome oficial
    Cullera (ca)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
cullerana (ca)  
cullerà (ca)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
21.109 (2001) rexistro civil
20.622 (2002) rexistro civil
22.544 (2004) rexistro civil
23.261 (2005) rexistro civil
23.619 (2006) rexistro civil
23.406 (2007) rexistro civil
23.777 (2008) rexistro civil
24.121 (2009) rexistro civil
23.813 (2010) rexistro civil
23.304 (2011) rexistro civil
22.736 (2012) rexistro civil
22.292 (2013) rexistro civil
22.461 (2014) rexistro civil
22.236 (2015) rexistro civil
22.139 (2016) rexistro civil
21.999 (2017) rexistro civil
21.918 (2018) rexistro civil
22.145 (2019) rexistro civil
22.521 (2020) rexistro civil
22.708 (2021) rexistro civil
22.937 (2022) rexistro civil
23.753 (2023) rexistro civil
24.181 (2024) rexistro civil
24.702 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   11.108 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   11.037 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   53,8 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal46400 Editar o valor en Wikidata
Código INE46105 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343971 Editar o valor en Wikidata
VIAF131342118 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0b9jsb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 108562 BNE: XX451475
Wikidata C:Commons

Cullera é un municipio da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Ribera Baixa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Praia de Cullera
Praia de Cullera

O municipio situado na ribeira do río Xúcar e xunto ao mar Mediterráneo, atópase a preto de 40 km da capital Valencia. Accédese a esta localidade dende a Cap i Casal tomando a V-31 e posteriormente a N-332 e despois de pasar Sueca virar á esquerda para seguir pola CV-5040.

Cullera, xunto cos termos municipais de Valencia, Alfafar, Sedaví, Catarroja, Massanassa, Albal, Beniparrell, Silla, Sollana, Sueca, Albalat de la Ribera e Algemesí, forma parte do Parque Natural da Albufeira. Nesta localidade desemboca o río Xúcar, irrigando o termo municipal de Cullera enteiro, mediante un sistema de regadío deseñado na época de dominación musulmá. O Xúcar tamén irriga practicamente toda a comarca da Ribera Baixa. Á parte do río Xucar, tamén existe a lagoa de L'Estany, situada na parte sur do termo municipal con desembocadura no mar, este é un lugar de pesca habitual.

Ao norte e nun recuncho da montaña, atópase a balsa de Sant Llorenç, este é un gran estanque rodeado de canas e coa fauna autóctona do Parque Natural da Albufeira. O termo municipal de Cullera esténdese ao longo dunha chaira, cuxa única elevación é a Muntanya de les Rabosses (montaña das Raposas), cunha altura máxima de 233 m, sendo o último contraforte do Sistema Ibérico antes de chegar ao mar. O nome da montaña débese a que nunha época habitaban moitos coellos, facendo que tamén se atopase o raposo no mesmo hábitat; nos últimos tempos por mor da especulación urbanística e a explotación turística de cando en cando adoita verse algún raposo, excepto en contadas ocasións. Desta montaña cabe destacar que pola súa situación xeográfica, desde a cal se controlan todos os arredores, sempre estivo habitada e utilizada como atalaia, feito constatado polo castelo musulmán reformado máis tarde polos cristiáns, e a principios do século XX volta a reformarse para albergar un santuario, moito máis recente é o forte na parte máis elevada da montaña, que data da época das guerras carlistas.

Barrios e pedanías

[editar | editar a fonte]

No termo municipal de Cullera sitúanse os seguintes núcleos de poboación:

  • Sant Antoni de la Mar
  • El Far
  • El Dosser
  • El Brosquil
  • El Mareny de Sant Llorenç
  • El Marenyet
  • L'Estany
  • El Racó
  • La Bega
  • El Port
  • El Raval de Sant Agustí
  • La Vila

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Cullera limita cos de Sueca, Corbera, Fortaleny, Llaurí, Favara, Polinyà de Xúquer e Tavernes de la Valldigna.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]