Camberra[1][2][3][4] (en inglés:Canberra) é a capital de Australia, e cunha poboación de 410 300 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do Territorio da Capital Australiana, 280km ao suroeste de Sidney, e 650km ao nordeste de Melbourne. A territorio de Camberra foi elixido como sede da capital do país en 1908 tralo acordo entre as cidades de Sidney e Melbourne, a dúas cidades maiores de Australia. Camberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de Chicago, Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Camberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola primeira e segunda guerra mundial e a Gran Depresión, Camberra emerxeu como unha cidade próspera trala fin da segunda guerra mundial.
Parlamento de Australia.
Como sede do goberno de Australia, en Camberra atópanse a Parlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do PIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Camberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais.
Academia das Ciencias
Camberra divídese en distritos:
North Canberra, construíuse primordialmente entre as década de 1920 e 1930, medrando na de 1960, hoxe comprende 14 barrios
South Canberra, desenvolveuse entre os anos 1920 e 1960, 13 barrios
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). p.120. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.