Saltar ao contido

Bujalance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bujalance
 Nome oficial
    Bujalance (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
8.088 (2001) rexistro civil
8.066 (2002) rexistro civil
7.995 (2003) rexistro civil
7.915 (2004) rexistro civil
7.870 (2005) rexistro civil
7.832 (2006) rexistro civil
7.841 (2007) rexistro civil
7.941 (2008) rexistro civil
7.889 (2009) rexistro civil
7.910 (2010) rexistro civil
7.932 (2011) rexistro civil
7.896 (2012) rexistro civil
7.792 (2013) rexistro civil
7.744 (2014) rexistro civil
7.693 (2015) rexistro civil
7.638 (2016) rexistro civil
7.599 (2017) rexistro civil
7.537 (2018) rexistro civil
7.417 (2019) rexistro civil
7.320 (2020) rexistro civil
7.316 (2021) rexistro civil
7.257 (2022) rexistro civil
7.186 (2023) rexistro civil
7.134 (2024) rexistro civil
7.065 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   3.726 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   3.691 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   124,82 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   357 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal14650 Editar o valor en Wikidata
Código INE14012 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347761 Editar o valor en Wikidata
VIAF129169934 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027zgxm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX454041
Wikidata C:Commons

Bujalance é unha localidade da provincia de Córdoba, Andalucía. Áchase na campiña de Córdoba, no mesmo corazón de Andalucía no que se localizan importantes caracteres xeográficos e socioeconómicos xenuínos da Andalucía occidental. No ano 2011 tiña 7.932 habitantes (INE). Desde 1630 ostenta o rango de cidade, outorgado por Filipe IV. A súa extensión superficial é de 124 km² e ten unha densidade de 63,5 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 54' N, 4º 23' O. Está a unha altitude de 357 metros, altura dos cerros de Jesús, San Benito e Santiago (casco urbano) e a 42 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome da cidade aparece na época romana. Para algúns foi Calpurniana, para outros Bursabolis, Borjalimar ou a célebre Colonia Baetis. Outros cren que o topónimo actual nace dos termos Vogia e Laos (o pobo de Vogia). Os árabes chamárona Bury al-Hans, que significa Torre da Cóbrega. De aí derivaría o nome actual: Burialhanç, Burialhançe, Buxalançe, Buxalanze, Buxalance, Bujalance.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Pertence á Comarca do Alto Guadalquivir. A paisaxe é a típica da campiña alta de Córdoba, con suaves outeiros moi fértiles dedicados sobre todo ao monocultivo da oliveira (máis do 90% do terreo cultivado) e a cultivos de secaño, onde existen o hábitat rural típico andaluz, o cortijo, e restos arqueolóxicos iberos, romanos, visigodos etc. que dan mostra de que estas fértiles terras, de augas subterráneas abundantes, foron ocupadas desde hai séculos. No termo municipal atópase os núcleos de poboación de Bujalance (onde se concentra a ampla maioría) e Morente (con arredor de 100 veciños). As terras están constituídas de materiais brandos e moi recentes, na súa maioría margas miocénicas, que orixinaron unha paisaxe cunha topografía suave, con pendentes débiles e onde resaltan algúns cerros, como por exemplo, a localización da cidade. O clima é mediterráneo continental, con invernos temperados e veráns secos e calorosos, as choivas irregulares con seca estival.

Noroeste: Pedro Abad e El Carpio Norte: Pedro Abad, Montoro e Villa del Río Nordeste: Villa del Río e Lopera
Oeste: El Carpio e Córdoba Leste: Lopera e Cañete de las Torres
Suroeste Córdoba Sur: Córdoba e Cañete de las Torres Sueste: Cañete de las Torres

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]