Saltar ao contido

Brión

Brión
 Nome orixinal
    Brión (gl) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Brión (gl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
6.292 (2001) rexistro civil
6.437 (2002) rexistro civil
6.576 (2003) rexistro civil
6.684 (2004) rexistro civil
6.849 (2005) rexistro civil
6.972 (2006) rexistro civil
7.087 (2007) rexistro civil
7.104 (2008) rexistro civil
7.205 (2009) rexistro civil
7.347 (2010) rexistro civil
7.462 (2011) rexistro civil
7.369 (2012) rexistro civil
7.435 (2013) rexistro civil
7.519 (2014) rexistro civil
7.564 (2015) rexistro civil
7.590 (2016) rexistro civil
7.699 (2017) rexistro civil
7.748 (2018) rexistro civil
7.837 (2019) rexistro civil
7.923 (2020) rexistro civil
7.957 (2021) rexistro civil
8.069 (2022) rexistro civil
8.145 (2023) rexistro civil
8.197 (2024) rexistro civil
8.192 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   4.064 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   3.773 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   75 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   289 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal15865 Editar o valor en Wikidata
Código INE15013 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347277 Editar o valor en Wikidata
VIAF156262213 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09m_rp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 90166 BNE: XX456566
Wikidata G:Commons C:Commons

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 7519 habitantes (3643 homes e 3876 mulleres) (7.205 en 2009; 7.087 en 2007; 6.972 en 2006, 6.849 en 2005). O xentilicio é brionés.[1][2]

Censo total 2014 7519 habitantes
Menores de 15 anos 1161 (15,44 %)
Entre 15 e 64 anos 4877 (64,86 %)
Maiores de 65 anos 1481 (19,7 %)
Evolución da poboación de Brión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
5.681 6.129 6.966 6.790 6.684 7.205 7.369
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. Abrangue 9 parroquias e 107 entidades de poboación, sendo a súa capital Pedrouzos. O seu relevo é ondulado, cunha altitude mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 525 m.

Consérvanse restos da cultura megalítica, como o campo de mámoas de Raña Longa. Da cultura castrexa consérvase o sitio arqueolóxico de Santa Cecía, o castro Lupario, e os castros de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da romanización, por estas terras pasaba a vía romana per loca maritima. Os romanos tamén construíron o hipocaustum de Cirro.

Durante o antigo réxime as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o castelo de Altamira dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en 1471 contra as tropas do arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca, Rui Sánchez de Moscoso deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo reino de Castela desde os Reis Católicos, até o seu abandono total no século XIX.

O 28 de abril de 1979 a decisión tomada nun pleno do concello converteu a Brión no primeiro concello galego en facer as actas dos plenos en galego. Por previsión legal, mantívose tamén unha tradución en castelán ata mediados os anos 90 do século XX.[3]

O concello ten seguido apoiando a lingua e cultura galega dende entón, sendo recoñecido por iso cun dos premios Lois Peña Novo en 2016.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe de Brión é incerta. Tense suxerido a súa relación co substantivo común brión 'musgo', pero Navaza descarta esta orixe para a maioría de lugares con este nome e resalta a hipótese de Rivas, que o identifica cunha raíz celta *bar- 'auga'[4]. Outra posibilidade é o celta briga 'castro', que ten abundantes descendentes na toponimia galega[5].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Arquitectura relixiosa

[editar | editar a fonte]

A maioría dos templos relixiosos desta zona foron reformados na época barroca. A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales ten ao seu pé unha capela da Virxe do Carme. O templo neoclásico da Luaña, conserva a primitiva cabeceira románica e pinturas medievais. A igrexa de Ons ten un retablo pétreo presidido pola Virxe da Asunción.

O santuario de Santa Minia foi construído no século XIX para honrar os restos da mártir romana, traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Aínda sen rematar, ten trazas dunha gran basílica.

A capela da Nosa Señora de Guadalupe está situada no Tremo, ao pé da estrada Santiago-Noia, co mesto arboredo do campo da feira.

Arquitectura civil

[editar | editar a fonte]

Consérvanse diversos pazos e casas grandes, como o pazo de Barbeira (en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca), o pazo de Armesto (en Salaño Pequeno, Ons, recentemente restaurado xunto cunha capela), o pazo do Armental (nos Ánxeles), o pazo do Casal (en proceso de reconstrución, coa capela de San Xosé acaroada) e a casa de Pardo (en Ons, cun escudo de armas).

[editar | editar a fonte]

A fonte do Tremo está coroada por un busto do filántropo local Vicente Ramos Rodríguez, esculpido por Francisco Asorey. A fonte da igrexa de Bastavales foi pagada polos emigrantes da parroquia na Habana. En Bastavales, sobre o río Tinto, consérvase unha ponte medieval.

No concello hai máis de 60 cruceiros, en adros de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Destacan dous de capela ou loreto (un en Pousada, Viceso, datado en 1637, e outro en Vioxo de Abaixo, A Luaña) ou o cruceiro de Bemil (preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como exvoto).

Política

[editar | editar a fonte]

Xosé Luís García exerceu como alcalde de forma ininterrompida durante corenta anos. Desde as primeiras eleccións municipais de 1979 e até o 2007 concorreu como independente, e desde as eleccións municipais de 2007 até a súa renuncia en 2020 encabezou a lista do PSdeG.

A actual corporación municipal, despois das eleccións de 2019, está composta por 13 concelleiros: 8 do PSdeG, 3 do PPdG e 2 do BNG. O alcalde desde setembro de 2020 é Pablo Lago Sanmartín.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Brión.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | A Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Lugares de Brión

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Brión vexa: Lugares de Brión.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brionés.
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
  3. Referido tanto nas consideracións como na aceptación do Premio Lois Peña Novo 2016
  4. Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-95892-53-7.
  5. "Brión". Toponomasticon Hispaniae. Consultado o 03/08/2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]