Saltar ao contido

Aurora Marco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAurora Marco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1948 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Noguera de Albarracín Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónensaísta, lingüista, pedagoga, especialista en literatura Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
Premios

Facebook: aurora.marco.1 Enciclopedia Galega Universal: 149045 BNE: XX989288 AELG: 362 BUSC: 981013402719507712 Dialnet: 172534 Editar o valor en Wikidata

Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de Antonio López Ferreiro (1978) na mesma universidade.

Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994,[1] materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.

Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.[2]

Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias como Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc.[3] As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.[4]

En 2011, recibiu da Academia Galega do Audiovisual o Premio Mestre Mateo ao mellor documental, por As silenciadas, que foi dirixido por Pablo Ces e coproducido por ela, cun guión baseado no seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista.[5]

Durante a década dos anos 80, comezou un traballo de investigación no que realizou a biografía de máis de 400 mulleres galegas, dende o século IV e até 1975, que deu como froito o libro Elas,[6] que foi publicado en 2015. Na ilustración da obra participaron 8 artistas galegas: Chelo Rodríguez, Irene Silva Xiráldez, Ehlaba Carballo, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.[7][8]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós Televisión.
Na presentación de Carmiña Sierra A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, na Casa das Campás de Pontevedra, acompañada de Rosario Álvarez Blanco, Roxelio Pérez Poza e Henrique Alvarellos

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro, 1981, Ediciós do Castro.
  • Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927-1934), de Ramón Otero Pedrayo, 1988, Ediciós do Castro.
  • Teatro ignorado, de Ramón Otero Pedrayo, 1991, Laiovento.
  • Fausto, Margarida e Aqueloutro, de Tomás Barros, 1993, edición bilingüe e estudo introdutorio, Ediciós do Castro. Con Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
  • Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Actas do Seminario Interdisciplinar, Santiago, 1996 (1997). Santiago de Compostela.
  • Queixas, de Áurea Lorenzo Abeijón, 2004, Toxosoutos.
  • O cabalo de vidro, de Antón Avilés de Taramancos, 2008, Concello de Noia.
  • Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, 2012, Laiovento.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
  • O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Ediciós do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa.
  • Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Lingua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela.
  • A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha.
  • Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
  • As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade das Palmas de Gran Canaria e Universidade de Santiago.
  • Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais.
  • Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago.
  • Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.
  1. "Resolución de 19 de julio de 1994, de la Universidad de Santiago de Compostela. por la que se nombra Catedrática de Escuela Universitaria del área de conocimiento de «Didáctica de la Lengua y la literatura», del Departamento de Didáctica de la Lengua y la Literatura, a doña Aurora Marco López, plaza número 1166/93" (PDF). BOE (en castelán). 4/8/1994.
  2. "Comité honorífico". web.ua.es (en castelán). Consultado o 3/7/2019.
  3. "Aurora Marco López". Dialnet (en castelán). Consultado o 3/7/2019.
  4. "Edicións Laiovento - Aurora Marco". Laiovento. Arquivado dende o orixinal o 27/06/2020. Consultado o 3/7/2019.
  5. 1 2 ""As silenciadas" de Aurora Marco, Premio Mestre Mateo al mejor documental 2011". Clásicas y modernas (en castelán). 29/4/2012. Arquivado dende o orixinal o 03/07/2019. Consultado o 3/7/2019.
  6. "Aurora Marco, investigadora, autora do libro Elas". axendacultural.aelg.gal. 24/3/-2017. Consultado o 23/2/-2020.
  7. 1 2 "Elas – Información – A Xanela Editorial". Arquivado dende o orixinal o 05/01/2020. Consultado o 3/7/2019.
  8. 1 2 "'Elas', de Aurora Marco. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 3/7/2019.
  9. Fernán Vello, Miguel Anxo (26/4/2007). "Dicionario de mulleres galegas". galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 23/2/2020. Consultado o 23/2/2020.
  10. "Edicións Laiovento - Mulleres na guerrilla antifranquista galega". Laiovento. Arquivado dende o orixinal o 25/06/2020. Consultado o 3/7/2019.
  11. Marco, Aurora (6/3/2020). Irmandiñas: as mulleres esquecidas das Irmandades da Fala. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 9/3/2020.
  12. Gómez, Joel (11/5/2018). "Aurora Marco: «Un inxusto manto de invisibilidade escureceu a Concha Castroviejo»". La Voz de Galicia. Consultado o 3/7/2019.
  13. "La Universidad de A Coruña recibe a Aurora Marco, republicana de honor 2014". elidealgallego.com (en castelán). 11-4-2014. Arquivado dende o orixinal o 23-02-2020. Consultado o 23-2-2020.
  14. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 15/5/2021. Consultado o 16/5/2021.
  15. "'Irmandiñas', de Aurora Marco, gaña o III Premio de Investigación Baltar Feijóo". Fundación Rosalía de Castro. 16/12/20226. Consultado o 16/12/2022.
  16. "Aurora Marco é a 'Señora das Letras' deste 2023". Praza Pública. 5/3/2023.
  17. "Aurora Marco, premio Ernestina Otero 2025". xornal.vigo.org. Consultado o 2025-02-28.
  18. Redacción (2026-05-21). "Os Premios Lois Peña Novo recaen en Aurora Marco, Xosé Manuel Beiras e o Celta". Nós Diario. Consultado o 2026-05-21.
  19. Redacción (2026-06-07). "Aurora Marco e Fademur reciben o Premio de Igualdade Maruja Vázquez Suárez". Nós Diario. Consultado o 2026-06-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]