Saltar ao contido

unir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /uˈniɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

unir

  1. Poñer dúas ou máis cousas ou seres en contacto, comunicación ou continuidade, de maneira que formen un conxunto ou todo unitario.
  2. Establecer unha relación, ligazón ou vínculo material, moral, afectivo, político, legal ou social entre dúas ou máis persoas, cousas, lugares ou entidades.
  3. Poñer de acordo dúas ou máis persoas, grupos, organismos ou entidades para actuaren xuntos por un interese, fin ou causa común.
  4. Combinar dúas ou máis calidades, capacidades, actividades ou elementos nunha mesma persoa, cousa ou acción.
  5. Ligar dúas persoas por matrimonio ou por outro vínculo formal semellante.


Verbo pronominal

unirse

  1. Chegar dúas ou máis cousas ao mesmo punto, entrar en contacto, formar un conxunto único ou poñerse en comunicación.
  2. Establecer unha persoa, grupo, organismo ou entidade unha relación económica, política, afectiva, legal ou social con outra.
  3. Poñerse de acordo varias persoas, grupos ou organismos para traballaren ou actuaren por un interese común.
  4. Incorporarse unha persoa ou entidade a un grupo, organización, movemento ou causa.

Observacións

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias