Saltar ao contido

Xeneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xeneta
 Nome taxon
    Genetta genetta
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    G. genetta (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Caracterizado por
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaViverridae
XéneroGenetta
EspecieGenetta genetta Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Genetta genetta Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   72,5 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   2,5 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   22,7 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   10,5 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de aparición
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d9z3z Editar o valor en Wikidata
ITIS621991 Editar o valor en Wikidata
OTT194343 Editar o valor en Wikidata
UICN41698 Editar o valor en Wikidata
CoL3FKP4 Editar o valor en Wikidata
EOL328095 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A xeneta, rabilongo,[1] algaria, gato algario, gato de algalia ou rabisaco[2][3][4] (Genetta genetta) é unha das dúas especies de vivérridos que se poden atopar actualmente en Europa xunto coa mangosta.

Características

[editar | editar a fonte]

A xeneta está presente en España (incluídas as Illas Baleares), Portugal e Francia e semella estar en expansión cara ao norte e o leste do continente. Tamén se atopa en Oriente Medio e todo o continente africano, coa excepción das zonas desérticas. Crese que a súa presenza en Europa é recente e que foi introducida polo ser humano de xeito talvez involuntario, como mascota que se asilvestrou ou coma simple polisón nalgún dos barcos que sempre cruzaron o Estreito de Xibraltar. Algúns autores apuntaron a que a palabra xeneta podería proceder da palabra de orixe árabe (zenete), pois os musulmáns que guerreaban a cabalo durante a Reconquista adornaban a súa cadeira coas peles deste animal, e que por iso chegaría coa conquista árabe de España no século VIII. Con todo, esta teoría goza de pouco prestixio na actualidade e crese que a súa introdución sería máis temperá. Tense constancia de que os romanos tiñan xenetas como mascotas nas súas domus, antes de que os gatos domésticos fosen importados desde Exipto, e que en tempos de Augusto introduciuse nas Baleares un misterioso animal baixo o nome de ictis para que acabase coa praga de coellos cimarróns que entón infestaban as illas. Dado que o gato non era coñecido por este nome e nas Baleares non existen indicios do meloncillo ou outras mangostas, tal animal só puido ser a xeneta ou, algunha especie de marta.

Polo seu aspecto externo, a xeneta aseméllase a un gato alongado de pelo amarelado a agrisado salpicado de pintas negras no corpo e raias na cola, que ten o pelo máis longo. O corpo pode chegar aos 55-60 centímetros, lonxitude que iguala ou supera a cola. A altura na cruz é de 20 centímetros, e o peso oscila entre 1'2 e 2'5 quilos.

As xenetas son depredadores nocturnos que viven e cazan de forma solitaria, aínda que toleran a presenza doutros individuos da súa mesma especie nas proximidades. Ocasionalmente, as femias adoitan cooperar na caza coas súas crías subadultas ou algún macho. Aliméntanse de insectos, mamíferos pequenos, lagartos e aves; ás veces inxeren tamén froitos, en especial figos. As femias paren 2 ou 3 crías por camada no oco dunha árbore, que maduran ao ano de idade. En liberdade viven ao redor de 10 anos, pero en catividade chegan aos 20. Non teñen auténticos depredadores, aínda que ás veces poden ser cazadas por algunhas aves de presa. No norte de África son domesticadas con certa regularidade nas zonas rurais, onde, do mesmo xeito que os gatos, libran as granxas de pequenos animais.

Viven tanto en bosques como en praderías, e ruben bastante ben. Adáptanse con facilidade a todo tipo de medios grazas á súa escasa especialización (de feito, resultan bastante parecidas aos miácidos, os primeiros carnívoros que apareceron no Eoceno e deron lugar a todos os grupos actuais). As poboacións europeas parecen estar desenvolvendo unha resistencia cada vez maior ao frío.

(Vexa a distribución da Algaria en Galicia abaixo)

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeneta.
  2. Rosario Álvarez e Xosé Xove (2002) Gramática da lingua galega. Galaxia:Vigo, p. 745
  3. algaria Arquivado 28 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no Dicionario de gelego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  4. Non obstante, o DRAG só recoñece rabisaco como sinónimo de garduña. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rabisaco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]