Max Matsuura
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de outubro de 1964 Iocoama |
| Educación | Universidade Nihon (1983–1987) Q11543158 valor descoñecido (1977–1980) valor descoñecido (1971–1977) |
| Actividade | |
| Ocupación | produtor musical, empresario |
| Período de actividade | 1988 |
| Xénero artístico | J-pop |
| Selo discográfico | Avex |
| Familia | |
| Cónxuxe | Aki Hatada (2003–2016), divorcio valor descoñecido , divorcio |
| Premios | |
| Sitio web | max.syncl.jp |
Masato Matsuura (松浦 真在人 Matsuura Masato?), nado o 1 de outubro de 1964 na prefectura de Kanagawa (Xapón), máis coñecido como Max Matsuura, é un produtor musical xaponés e tamén un dos donos dun dos selos discográficos máis poderosos de Asia, Avex Trax. Masato é coñecido principalmente por descubrir novos artistas nos bares de karaoke para convertelos en grandes estrelas, case sempre conseguíndoo. Foi o que descubriu a Ayumi Hamasaki, da que agora é o seu grande amigo, e tamén por revivir a carreira de Ami Suzuki tras abandonar o seu anterior selo discográfico.
Matsuura foi obxecto dunha grande controversia cando considerou deixar Avex Music Group xunto cun dos seus fundadores, Tom Yoda. Moitos artistas, incluíndo Hamasaki, afirmaron que deixarían o selo acompañando a Matsuura se el se ía do mesmo. Debido a isto, as accións da discográfica desplomáronse. A situación rematou cando Yoda reasinou con Avex Trax.