Saltar ao contido

Lingua bengalí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lingua bengalí
বাংলা Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    банголӣ (tg) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    বাংলা (bn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Estudado por
Características
 Grupo cultural
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Xénero gramatical
 Caracterizado por
Implicados
 Institución de normalización
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
19.202.880 (2011)
189.261.200 (2011)
19.200.000 (2011)
106.000.000 (2011)
242.659.750 (2015)
300.000.000 (2019) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Mapas
Mapa de distribución
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01c7y Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC153856 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1bn Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2ben Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ben Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ben Editar o valor en Wikidata
IETFbn Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC19235068 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O bengalí[1] é unha lingua indoeuropea falada polo pobo bengalí que habita en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Assam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio. Con máis de 242 millóns de falantes nativos e outros 43 millóns como segunda lingua segundo os datos 2025,[2]</ref> o bengalí é a sexta lingua nai máis falada do mundo e a sétima en número de falantes totais.[3][4] O bengalí é a lingua oficial, nacional e máis falada de Bangladesh,[5][6][7] xa que o 98% dos habitantes usan o bengalí como primeira lingua.[8][9] É a segunda lingua máis amplamente falada da India.

En bengalí a lingua chámase bangla (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala (Bongo en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, Bangladesh, un país independente.

O bengalí caracterízase por unha gran simplificación morfolóxica.[10] Posúe un sistema de escritura propio, o alfabeto bengalí, de tipo abugida, emparentado co devanágari e derivado do antigo brahmi, que ten as súas orixes arredor do 1100 a.C. (protobengalí). A dirección da escritura é de esquerda a dereita. Ten numerosos dialectos e dous rexistros extremos, o sādhu-bhāsā, para a literatura, e o calit-Bhāsā, propio da fala popular.

Dende finais do século XI a.C., algunhas inscricións en nagari da India oriental amosan unha evolución que anuncia a moderna escritura engalí. Pódese falar dunha escritura protobengalí, caracterizada en particular pola presenza de pequenos triángulos á esquerda dalgunhas letras. Evolucionou do sánscrito e do prácrito. No século XIX e XX, a literatura desta lingua gozou dun rexurdimento que a situou entre as mellores do sueste de Asia. Deste renacemento xurdiron personalidades como Rabindranath Tagore, o primeiro asiático candidato a un premio Nobel.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Extensión xeográfica do bengalí.

O bengalí é o idioma nativo da rexión oriental de Asia Meridional coñecida como Bengala, que comprende Bangladesh, o estado indio de Bengala Occidental e partes de Assam e Tripura. Ademais de nesta rexión, tamén é falado pola maioría da poboación no territorio de Andaman e Nicobar. Hai comunidades de falantes bengalís en:

Status oficial

[editar | editar a fonte]

O bengalí é a lingua nacional e oficial de Bangladesh, e unha das 23 linguas oficiais recoñecidas pola República da India.[11] É a lingua oficial dos estados de Bengala Occidental e Tripura.[12] Tamén é unha lingua importante no territorio de Andaman e Nicobar.[13][14] Ademais, é a lingua cooficial de Assam, que ten tres distritos do sur onde predominantemente se fala a lingua sylheti: