Saltar ao contido

Juan Gallego Abeledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Gallego Abeledo
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Os Casás Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Silán Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBuzo
Comandante Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Gallego Durán Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Gallego Abeledo
Josefa Gallego Abeledo Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2736

Juan Gallego Abeledo, coñecido como Buzo ou Comandante, nado nos Casás (Meá, Mugardos) o 24 de decembro de 1923 e finado en Silán (Muras), o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Gallego Durán e irmán de María Gallego Abeledo, comisaria política do destacamento Enrique Líster. Enlace da guerrilla, foi denunciado en 1948 por Alejo Pablo Mora García, un infiltrado da Garda Civil, e procesado na causa 40/48 por prestar auxilio a partidas armadas xunto con Antonio Barreiro Ruiz, Manuel Bastida Franco, José Beceiro Fernández, Sol Bertalo Blanco, Rosa Caridad Basas, Jaime Castro Rodríguez, Francisco Castro Roibal, José María Díaz Díaz, Antonio Díaz Pérez, Vicente Díaz Veiga, Emilio Domínguez Cubero, María Dopico Aneiros, José Dopico García, Constantino Fernández Rosado, José González Díaz, Francisco Graña Sequeiros, Germán López Rodríguez, Benito Paz Teijeiro, José Piñón Paz, Gerardo Pita López, Francisco Ponte Cabana, Alfonso Prados Pita, Francisco Ramos Calvet, Marcelino Rodríguez García, Manuel Rodríguez Sánchez, Daniel Romero López, Juan Romero Ramos, Antonio Sabín Prieto, Emilio Sande López, Silvestre Sanz García, Severino Suárez Ríos e Manuel Vázquez Rodríguez.

Integrouse en 1948 na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Membro do destacamento Arturo Cortizas, foi tamén responsable do destacamento Segundo Villaboy desta agrupación. Foi abatido nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Celia González Pernas, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo.[1]

  1. ↑ Cilia Torna (21 de xullo de 2014). "As mártires de Silán". Sermos Galiza.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]