Saltar ao contido

Historias (Heródoto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Historia (Heródoto)»)
Historias
 Título
    Ἱστορίαι (grc) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Urania (en) Traducir
Thalia (en) Traducir
Terpsichore (en) Traducir
Polyhymnia (en) Traducir
Melpomene (en) Traducir
Euterpe (en) Traducir
Erato (en) Traducir
Clio (en) Traducir
Calliope (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
década de 440 a. C. Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF307170009 Editar o valor en Wikidata
Goodreads488198 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL15678068W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/038ct8 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX2032237
Wikidata C:Commons
Ruínas de Persépole.

As Historias (en grego antigo ἱστορίαι historíai 'aproximacións, investigacións') de Heródoto de Halicarnaso (484–despois do 430 a. C.) é unha obra escrita en dialecto xonio[1] que ten como obxectivo narrar os enfrontamentos que tiveron lugar entre gregos e bárbaros (asiáticos, especialmente persas) e, en concreto, as Guerras Médicas. Tamén contén unha descrición da historia e costumes do Antigo Exipto. Trátase da primeira obra historiográfica grega que nos chegou íntegra e está dividida en nove libros, cada un deles dedicado a unha musa.

Sinopse e composición

[editar | editar a fonte]
Hator.

As Historias de Heródoto constitúen, dentro da prosa grega, o mellor exemplo de composición literaria aberta; é dicir, non opera de modo rectilíneo, senón que intercala todo tipo de retardacións e digresións no argumento central. Este trazo compárteo coa Ilíada.

Proemio: Heródoto expón a súa intención: evitar que as fazañas das xeracións que o precederon sexan relegadas ao esquecemento (I 1), explicando as causas dos seus enfrontamentos.

Libro I: Para expoñer as causas do conflito (as Guerras Médicas), Heródoto pasa a abordar as primeiras diferenzas e enfrontamentos que se produciron entre gregos e bárbaros en época mítica (secuestros de Europa, Medea e Helena, Guerra de Troia). Con todo, marca certa distancia con estas tradicións e acto seguido indica quen, polo que el sabe, cometeu en primeiro lugar actos inxustos (Creso, rei de