Saltar ao contido

Hilary Knight

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHilary Knight

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Sun Valley Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison (2007–2012)
Choate Rosemary Hall Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso172 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Man para tirartiradora destra Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007– Selección feminina de hóckey sobre xeo dos Estados Unidos
2007–2012 Wisconsin Badgers women's ice hockey
2012–2015 Worcester Blades
2015–2017 Boston Pride
2017–2019 Les Canadiennes de Montréal
2023– Boston Fleet
2025– PWHL Seattle
Participou en
febreiro de 2026Hóquei no gelo nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2026 - Feminino (pt) Traducir
20252025 IIHF Women's World Championship (en) Traducir
20242024 IIHF Women's World Championship (en) Traducir
2023Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo 2023
25 de agosto de 2022Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo 2022
2022Xogos Olímpicos de Inverno de 2022
2018Xogos Olímpicos de Inverno de 2018
febreiro de 2014Xogos Olímpicos de Inverno de 2014
febreiro de 2010Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesChip Knight, curmán Editar o valor en Wikidata

Sitio webhilary-knight.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6198052 Facebook: hilaryknightfanpage Twitter: HilaryKnight Instagram: hilaryknight Olympics.com: hilary-knight Editar o valor en Wikidata

Hilary Atwood Knight, nada en Palo Alto (California) o 12 de xullo de 1989, é unha xogadora profesional estadounidense de hóckey sobre xeo. Xoga como dianteira no PWHL Detroit da Professional Women's Hockey League (PWHL). Knight é tamén capitá da selección estadounidense.

Knight gañou dez medallas de ouro nos Campionatos do Mundo coa selección estadounidense, máis que ningunha outra xogadora, e posúe o récord de goles, asistencias e puntos. Gañou cinco medallas olímpicas, conseguindo o ouro en 2018 e 2026, e a prata en 2010, 2014 e 2022. Foi a abandeirada dos Estados Unidos na cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026. En 2023, converteuse na primeira xogadora na historia dos Campionatos do Mundo en superar os 100 puntos na súa carreira e foi nomeada Xogadora do Ano da IIHF, sendo a primeira en recibir o galardón. Gañou o premio á MVP en numerosos torneos, incluídos os Campionatos do Mundo de 2015 e 2016, nos que tamén foi a líder en anotación.

Knight xogou hóckey universitario na Universidade de Wisconsin entre 2007 e 2012, onde gañou dous campionatos nacionais da NCAA (2009, 2011), conseguiu o premio á MVP do Torneo da NCAA en 2011, e converteuse na líder histórica do programa de hóckey sobre xeo feminino da universidade en goles (143) e puntos(262). O seu rexistro de 143 goles é o maior conseguido por ningunha xogadora ou xogador na universidade. Foi tres veces nomeada Xogadora Ofensiva do Ano da WCHA e formou parte do All-American First Team.

No hóckey profesional, gañou a primeira Isobel Cup co Boston Pride da NWHL en 2016 e foi a máxima anotadora en numerosas ligas durante o tempo que pasou nas Boston Blades e Les Canadiennes de Montréal da Canadian Women's Hockey League e o Boston Fleet da PWHL. Na tempada 2024-25 da PWHL empatou como máxima puntuadora da liga con 29 puntos, recibindo o premio á máxima puntuadora e foi finalista ao premio á Atacante do Ano e o Trofeo Billie Jean King como MVP da temporada. Knight ten sido capitá, tanto da selección estadounidense (dende 2023) como do Boston Fleet (2024–2025), antes de converterse na primeira capitá do equipo de expansión do Seattle Torrent en 2025.

Ademais dos seus logros no xeo, Knight ten sido unha destacada defensora da equidade e sustentabilidade do hóckey sobre xeo feminino profesional, desenvolvendo un papel clave na formación da Professional Women's Hockey Players Association e a creación da PWHL. Recibiu tres Premios Bob Allen á Xogadora do Ano (2014, 2022, 2025) e foi incluída na lista Forbes 30 Under 30 en 2018.