Hernac
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século V |
| Morte | 469 (Gregoriano) |
| Rei dos hunos | |
| 454 – 469 ← Elac Xunto con: Dengizic | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Pai | Atila |
| Irmáns | Dengizic Elac Csaba |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Hernac, Ernac ou Ernakh foi un dos fillos de Atila e gobernou parte dos hunos despois da morte do seu pai. Como parte do proceso de desintegración do Imperio Huno, os dous irmáns gobernaban dúas hordas separadas, aínda que relacionadas: Dengizik a occidental e Hernac a oriental. A diferenza do seu irmán Dengizic, conseguiu chegar a un acordo co Imperio Romano e obtivo o dereito a gobernar un territorio na fronteira oriental do imperio en Europa.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que se descoñece o número dos fillos de Atila, adoita citarse a Elac, Hernac e Dengizic.[3] O historiador Prisco de Panio, durante a súa estadía na corte de Atila no ano 449, rexistrou unha anécdota persoal que involucraba a Atila e Hernac. Durante un banquete, Atila mirou a Hernac con ollos serenos, mentres prestaba pouca atención aos seus outros fillos. Un certo huno explicoulle a Prisco que os xamáns profetizaran a Atila que Hernac sería o máis exitoso dos seus fillos.[4]
Despois do 463, o dominio huno foise esvaecendo e Hernac e Dengizic atacaron, en varias ocasións, os ostrogodos que se independizaran dos seus señores hunos, pero foron derrotados por Valamiro na batalla de Nedao no 454, segundo relata Xordanes.[5] Despois de fracasar, xunto co seu irmán, no 465 intentaron establecer relacións comerciais cos romanos a través do Danubio. Ante a existencia de problemas, Dengizik, no 467 decidiu enfrontarse aos romanos[6] e, no 469, foi derrotado nun enfrontamento cos romanos mandados por Anagastes e a súa cabeza foi exposta en Constantinopla.[7] No entanto, Hernac decidiu non atacar os romanos en Tracia e, tras acadar un acordo con eles, estableceuse controlando as terras nos arredores da actual Dobruia (Romanía).
Descoñécese o destino posterior de Hernac. Quizais enfrontou a chegada dos Onoguros e Saraguros do leste en 463,[8] tribos túrquicas emparentadas etnicamente cos hunos.
Lenda
[editar | editar a fonte]Algúns estudosos identifican a Hernac cun rei mítico dos protobúlgaros chamado Irnik, que se di que reinou entre o 453 e o 503, durante o período epónimo, e é mencionado nos Nominalia dos Khans búlgaros. Segundo esta obra, foi precedido por Avitocol e sucedido por Gostum.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escher & Lebedynsky (2007), p. 172
- ↑ Heather (2006), p. 456.
- ↑ Heather (2006), p. 448.
- ↑ Maenchen-Helfen 1973, p. 268
- ↑ Maenchen-Helfen 1973, p. 156
- ↑ Heather (2006), p. 606
- ↑ Heather (2006), p. 456
- ↑ Boor (1903), p. 586.
- ↑ Dobrev, Peter (9 de xuño de 2012). "Inscriptions and Alphabet of the Proto-Bulgarians". kroraina.com (en inglés). Archived from the original on 09 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boor, Carolus de, ed. (1903). Excerpta de legationibus (en grego). Berlín: Weidemann.
- Escher, Katalin; Lebedynsky, Iaroslav (2007). Le dossier Attila (en francés). París: Errance.
- Given, John P. (2015). The Fragmentary History of Priscus: Attila, the Huns and the Roman Empire, AD 430–476 (en inglés). Merchantville, New Jersey: Evolution Publishing. ISBN 9781935228141.
- Heather, Peter (2006). La caída del Imperio romano (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 84-8432-710-8.
- Maenchen-Helfen, Otto J. (1973). The World of the Huns: Studies in Their History and Culture (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 9780520015968.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Elac |
Rei dos hunos 454–¿? (con Denzigic) |
Sucesor: descoñecido |