Miden arredor de medio metro de lonxitude, e pesan entre 1 e 3kg. O Galictis vittata é só un pouco máis grande que o Galictis cuja. A pelaxe ao longo da parte superior é gris coas patas, a garganta, a cara, e o ventre negros. Unha raia branca nítida esténdese desde a fronte á parte posterior do pescozo.
Atópanse en terras baixas nunha ampla gama de hábitat, desde zonas semiabertas con arbustos ou arboredos ata a diversos bosques. Fan os seus tobos en buracos nos troncos ou en gretas das rocas.