Saltar ao contido

Felipe Martínez Marzoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFelipe Martínez Marzoa
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1021936 BUSC: 981013402833107712 Dialnet: 76508

Felipe Martínez Marzoa, nado en Vigo o 8 de outubro de 1943, é un filósofo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Á idade de 29 anos, publica os dous volumes da primeira edición da súa Historia da filosofía, tras realizar estudos de filosofía, matemáticas e grego. Desde entón, a súa obra, non exenta de polémica, permanece fiel ao propósito hermenéutico da historia da filosofía.

En 1982 presenta a súa tese doutoral sobre "A teoría do valor de Marx na filosofía moderna", dirixida por Jacobo Muñoz Veiga, na Universidade Complutense de Madrid.[1] O estudo e a influencia de Heidegger, recoñecida nalgún momento da súa obra, lévano a afastarse da análise dos seus textos para centrar definitivamente o seu labor hermenéutico en dous ámbitos da historia da filosofía: o grego e o moderno.

En 1985 obtén a cátedra de Historia da Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona. A solidez da súa obra e a súa adhesión ao rigor da filosofía, convertérono, segundo algunhas opinións, nun dos pensadores máis influentes da filosofía contemporánea en lingua castelá. Desde o curso 2006/2007 está prexubilado.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Liñas de pensamento

[editar | editar a fonte]

A súa obra iníciase con escritos propedéuticos de filosofía, e con estudos sobre Marx. Paulatinamente abandona a temática política e oriéntase cara á problemática da fenomenoloxía lingüística e da hermenéutica dos textos gregos, así como cara ao estudo da filosofía alemá no período que abrangue de Leibniz a Nietzsche, traballando sobre as figuras de