Saltar ao contido

Escribidor amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escribenta real»)
Escribidor amarelo
 Nome taxon
    Emberiza citrinella
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    E. citrinella (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaEmberizidae
XéneroEmberiza
EspecieEmberiza citrinella Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Emberiza citrinella Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   2,94 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   26 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   3,9 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Ave do Ano (2011)
Bird of the Year (en) Traducir (2002)
Paxaro do Ano (1999) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01y261 Editar o valor en Wikidata
ITIS179537 Editar o valor en Wikidata
OTT828708 Editar o valor en Wikidata
UICN22720878 Editar o valor en Wikidata
CoL39FSZ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O escribidor amarelo[1] (Emberiza citrinella) é un paxaro (Passeriformes) de familia dos escribidores (Emberizidae). É un dos representantes da familia máis comúns en Europa, onde vive dende Escandinavia central ó norte de España é de Irlanda ata Asia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un paxaro robusto, de bico groso, que mide uns 16 ou 17 cm. de lonxitude e pesa de 25 a 30 gramos. Os machos teñen, na época de cría, plumaxe amarela, a cabeza é amarela brillante con algunhas listas acastañadas, á parte inferior é tamén marela, o peito vermello e as plumas que cobren as ás son de cor gris tirando a marrón. As femias son de cor castaña agrisada, con matices amarelos na gorxa e no ventre. Fora da época de cría a plumaxe do macho é semellante á da femia.

Distribución xeográfica e Hábitat

[editar | editar a fonte]

Cría en case toda Europa e boa parte de Asia. Foi introducido en Nova Zelandia en 1862, onde é agora probablemente máis abundante ca en Europa, onde diminuíu moito. En Europa e Asia máis dos exemplares son residentes, pero algúns dos que viven máis

Viven en zonas abertas nas que haxa soutos, sebes ou arbustos. No inverno forman bandadas que procuran sementes sobre os campos.

Macho cantando

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse principalmente de sementes, aínda que comen tamén insectos, en especial cando están criando.

Quixera ser escribenta
pra che escribir, meu amado;
voar coa carta no bico,
poder estar ó teu lado...

O canto é máis axiña monótono e metálico, e amosa certas variacións que permiten diferenciar ós paxaros máis novos dos máis vellos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Emberiza citrinella

Fan os niños no chan ou preto do chan. As femias poñen de tres a cinco ovos, que choca uns 14 días. Outros catorce días despois de rompe-la casca os paxaros novos poden xa voar.

Emberiza citrinella

Nos anos 1990, calculábase que había uns 20 millóns de parellas reprodutoras de escribidores amarelos. As poboacións reducíronse desde esa época. Segundo a IUCN a poboación total sería de entre 35 e-62 millóns de individuos, o que non colocaría a ave na lista de especies ameazadas

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da escribenta real. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 95. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]