Dick Dale
(2005) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Richard Anthony Monsour 4 de maio de 1937 Boston |
| Morte | 16 de marzo de 2019 Loma Linda |
| Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
| Outros nomes | Dick Dale |
| Educación | Quincy High School (en) Washington Preparatory High School (en) |
| Lateralidade | manicho |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música, música rock, guitarra eléctrica e interpretación de guitarra |
| Ocupación | guitarrista, produtor musical, compositor, músico de rock |
| Período de actividade | 1959 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música surf, rock and roll e rock instrumental |
| Instrumento | Guitarra e trompeta |
| Selo discográfico | Capitol Records HighTone Records (en) |
| Familia | |
| Fillos | Jimmy Dale |
| Sitio web | dickdale.com |
Richard Anthony Monsour, máis coñecido como Dick Dale, nado o 4 de maio de 1937 en Boston (Massachusetts) e finado o 17 de marzo de 2019 en Loma Linda (California), é un músico estadounidense, pioneiro do surf rock xunto a The Ventures e líder da banda Dick Dale & The Do-Tones.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dick Dale é coñecido como o Rei da guitarra surfeira, e en 2003 a revista Rolling Stone considerouno como un dos 100 mellores guitarristas de tódolos tempos.
Gravou 12 álbums até a data, sendo o primeiro Surfers' Choice, de 1962, que inclúe a popular canción: Misirlou.
Misirlou é a súa canción máis coñecida, estando incluída na banda sonora do filme Pulp Fiction de Quentin Tarantino de 1994. O reverb empregado nesta canción é unha grande influencia para practicamente todos os músicos de Surf. No seu disco Monkey Business, os Black Eyed Peas utilizan o son de Dale para a canción Pump It de 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dick Dale |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)