Chris Evert
| Biografía | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (en) Christine Marie Evert 21 de decembro de 1954 Fort Lauderdale | ||||||||||||||||||||
| Residencia | Boca Raton | ||||||||||||||||||||
| Educación | St. Thomas Aquinas High School (en) | ||||||||||||||||||||
| Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||
| Peso | 56 kg | ||||||||||||||||||||
| Lateralidade | destra | ||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||
| Ocupación | tenista (1972–1989) | ||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1972 | ||||||||||||||||||||
| Patrimonio estimado | 8.896.195 $ | ||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos | ||||||||||||||||||||
| Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
| Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||||||
| Man de xogo | destra e revés a dúas mans | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||
| 1988 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 (pt) |
||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | Greg Norman (2008–2009) Andy Mill (1988–2006) John Lloyd (1979–1987) | ||||||||||||||||||||
| Pai | Jimmy Evert | ||||||||||||||||||||
| Irmáns | Jeanne Evert | ||||||||||||||||||||
| Cronoloxía | |||||||||||||||||||||
| Martina Navrátilová | |||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Descrito pola fonte | Great Women Athletes of the 20th Century (en) | ||||||||||||||||||||
Christine Marie Evert, coñecida como Chris Evert Lloyd entre 1979 e 1987, nada en Fort Lauderdale o 21 de decembro de 1954 é unha ex xogadora de tenis estadounidense. Gañou 18 campionatos individuais de Grand Slam e tres de dobres. Foi a número un do mundo a final dos anos 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1980 e 1981. En xeral, gañou 157 campionatos individuais e 32 de dobres.
Evert acadou 34 finais individuais de Grand Slam, máis que ningún outro xogador na historia do tenis profesional.[1] Mantén o récord de anos consecutivos (13) gañando polo menos un título de Grand Slam.[2] En individuais, Evert chegou polo menos ás semifinais en 52 dos 56 torneos de Grand Slam que xogou.[3] Evert nunca perdeu na primeira ou segunda rolda dun torneo individual de Grand Slam e só en dúas ocasións perdeu na terceira rolda.
A carreira de Evert ten unha porcentaxe de vitorias en partidos individuais de 89,96 % (1309–146), a máis alta da historia da era aberta do tenis, tanto en homes como en mulleres.
Evert foi presidenta da Women's Tennis Association en 1975–76 e 1983–91. Gañou o premio Philippe Chatrier e entrou no Salón da Fama do tenis internacional. Máis adiante, foi adestradora e analista de ESPN, ademais de ter unha liña de equipamento de tenis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Women with most tennis Grand Slam finals appearances". Arquivado dende o orixinal o 23-03-2014. Consultado o 6-6-2012.
- ↑ "Chris Evert Fast Facts". CNN.
- ↑ "Chris Evert WTA Player Profile". Arquivado dende o orixinal o 13-06-2012. Consultado o 6-6-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chris Evert |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amdur, Neil; Evert, Chris (1982). Chrissie, My Own Story. New York: Simon and Schuster. ISBN 0-671-44376-3.
- Howard, Johnette (2006). The Rivals: Chris Evert vs. Martina Navratilova: Their Epic Duels and Extraordinary Friendship. New York: Broadway. ISBN 0-7679-1885-1.
- Wind, Herbert Warren (13-10-1986). "The Sporting Scene: Mainly about Chris Evert Lloyd". The New Yorker 62 (34): 117–145.