Saltar ao contido

Caza-recolección

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caza-recolección
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Parcialmente coincidente con
 Campo de traballo
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01dv4z Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC58051837 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Coñécese como caza-recolección o sistema económico do paleolítico e mesolítico, practicado aínda por algúns pobos que consiste en alimentarse dos animais que se cazan e de plantas que non foron cultivadas e crecen silvestres. A caza-recolección foi a primeira adaptación da humanidade que levou a cabo con éxito, ocupando polo menos o 90% da historia e prehistoria da humanidade.[1]

Soamente algunhas sociedades contemporáneas foron clasificadas como sociedades cazadoras-recolectoras, e complementan a súa actividade coa horticultura e o coidado dos animais.[2]

A especie humana, dende a súa existencia hai cinco millóns de anos até hai dez mil anos, sobrevivía mediante a caza e a recolección. Aproximadamente unha trintena de individuos, unidos polo parentesco, cazaban ruminantes e colleitaban froitos e sementes silvestres. Este sistema non se diferencia da forma de vida doutras especies de mamíferos depredadores.

Neses cinco millóns de anos, a característica principal foi o aumento do volume do cerebro, é dicir, que a capacidade de almacenar e transmitir foron necesarias para a supervivencia; sobrevivían os humanos con maior cerebro, que eran os que organizaban grupos para cazar, os que informaban dalgún perigo e os que deseñaban estratexias ofensivas ou defensivas. Dita capacidade de comprensión e comunicación sobreviviu até a organización da sociedade e economía actual.

Un home san de Namibia. Menos de 10 000 san viven da caza-recolección.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]