Saltar ao contido

Bacillati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bacillati
 Nome taxon
    Bacillati Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Sinónimo taxonómico
 Sinonimia
  • "Glidobacteria" Cavalier-Smith, 2006 (excluíndo Actinomycetota e Bacillota)
  • "Terrabacteria" Battistuzzi et al., 2004
Clasificación taxonómica
 SuperdominioBiota
 DominioBacteria
 ReinoBacillati Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Bacillati[1], antes coñecido como Terrabacteria, é un reino do dominio Bacteria, que contén aproximadamente dous terzos das especies de procariotas, incluíndo as dos filos de bacterias grampositivas (Actinomycetota e Bacillota) así como os filos Cyanobacteriota, Chloroflexota, e Deinococcota.[2][3]

Estas bacterias sufriron presións evolutivas para desenvolver a súa vida en terra (continentes). As Bacillati posúen importantes adaptacións, como a resistencia aos perigos ambientais (por exemplo, desecamento, radiación ultravioleta e alta salinidade) e a fotosíntese oxixénica. Ademais, as propiedades únicas da parede celular dos taxons grampositivos, que probablemente evolucionaron en resposta ás condicións terrestres, contribuíron á patoxenicidade de moitas especies.[3] Estes resultados abren agora a posibilidade de que as adaptacións terrestres puideron ter un papel máis importante na evolución procariota do que actualmente se pensa.[2][3]

"Terrabacteria" (sinónimo de Bacillati) foi proposto en 2004 para incluír Actinomycetota, Cyanobacteriota e Deinococcota[2] e foi ampliado despois para incluír tamén a Bacillota e Chloroflexota.[3] Outras análises filoxenéticas [4][5][6] apoiaron a estreita relación entre estes filos. A maioría das especies de procariotas non situadas en Bacillati asignáronse ao taxon Hydrobacteria,[3] (que tamén se coñece como Pseudomonadati)[7] en referencia ao ambiente húmido onde se supón vivía o antepasado común das especies deste grupo. Algunhas análises filoxenéticas moleculares[8][9] non apoian esta dicotomía entre Bacillati e Hydrobacteria, pero as análises xenómicas máis recentes,[5][6] incluíndo as que estaban baseadas nunha árbore enraizada,[5] atoparon que estes dous grupos eran monofiléticos.[5]

Bacillati e Hydrobacteria crese que diverxeron hai uns 3.000 millóns de anos, o que suxire que as terras (continentes) foran colonizadas polos procariotas nesa época.[3] Bacillati e Hydrobacteria xuntos forman un gran grupo que contén o 97 % dos procariotas e o 99 % de todas a especies de Bacteria coñecidas en 2009, e foron ambas situadas no taxon Selabacteria, en alusión ás súas capacidades fototróficas (selas = 'luz').[10] Actualmente, discútense os filos bacterianos que están fóra de Bacillati + Hydrobacteria, para deste xeito xustificar o taxon Selabacteria, e poden ser incluídos ou non no taxon Fusobacteria.[3][5]

O taxon “Glidobacteria” [11] incluía algúns membros de Bacillati pero excluía os grandes grupos de grampositivos Bacillota e Actinomycetota, e non estaba apoiado por datos filoxenéticos moleculares.[2][3][4][8][9][5][6] Ademais, o artigo en que se lle daba o nome de Glidobacteria [11] non incluía unha filoxenia molecular ou análises estatísticas e non seguía o sistema de tres dominios, amplamente aceptado. Por exemplo, afirmaba que os eucariotas se separaron de Archaea moi recentemente (hai ~900 millóns de anos), o cal é contraditorio co rexistro fósil,[12] e que a liñaxe de eucariotas + Archaea estaba aniñada dentro de Bacteria como unha parente próxima de Actinomycetota.

En 2022 introducíronse novas regras para os taxons da categoría de reino nos procariotas, e os mesmos dous autores que propuxeron estas novas regras, propuxeron novos nomes en 2024.[1] Concluíron que “a solución taxonomicamente preferible para os reinos bacterianos parece ser aceptar a aparente subdivisión no estudo de Battistuzzi e Hedges,” with refinement.[3] O novo nome (e o único válido) é o de reino Bacillati.[1]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

A árbore filoxenética de acordo coas análises filoxenéticas de Battistuzzi e Hedges (2009) é a seguinte cunha calibración de reloxo molecular.[2][3]

Análises moleculares recentes atoparon aproximadamente as mesmas relacións incluíndo outros filos, cuxas relacións eran incertas.[13][14][15][16][17][18]

Bacillati
DST

Fusobacteriota (ás veces incluído en Gracilicutes)

Synergistota

Coprothermobacterota

Atribacterota

"Fervidibacteria"

Dictyoglomota

Caldisericota

Deinococcota

"Acetothermia"

Thermotogota

"Calescamantes"

"Pyropristinus"

Aquificota (ás veces incluído en Gracilicutes)

Grupo Cyanobacteriota-Melainabacteria

"Margulisbacteria"

"Saganbacteria"

"Sericytochromatia"

Cyanobacteriota

"Melainabacteria"

Bacillota (inclúe Mycoplasmatota)

Actinomycetota

"Dormibacteraeota"

Chloroflexota

"Eremiobacteraeota"

Armatimonadota

"Abditibacteriota"

Por outra parte, Coleman et al.[5] nomearon o clado composto por Thermotogota, Deinococcota, Synergistota e os relacionados DST e ademais a análise suxire que as bacterias ultrapequenas (grupo CPR) poden pertencer a Bacillati e están máis estreitamente relacionadas con Chloroflexota. De acordo con este estudo o filo Aquificota, ás veces incluído, pertence a Hydrobacteria e que o filo Fusobacteriota pode pertencer tanto a Bacillati coma a Hydrobacteria. O resultado foi o seguinte:[5]

Bacillati

DST

Grupo Cyanobacteriota-Melainabacteria

Bacillota (inclúe Mycoplasmatota)

Actinomycetota

Armatimonadota

"Eremiobacteraeota"

CPR

"Dormibacteraeota"

Chloroflexota

  1. 1 2 3 Göker, Markus; Oren, Aharon (2024-01-22). "Valid publication of names of two domains and seven kingdoms of prokaryotes". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (en inglés) 74 (1). ISSN 1466-5026. doi:10.1099/ijsem.0.006242.
  2. 1 2 3 4 5 Battistuzzi FU, Feijao A, Hedges SB (novembro de 2004). "A genomic timescale of prokaryote evolution: insights into the origin of methanogenesis, phototrophy, and the colonization of land". BMC Evolutionary Biology 4: 44. PMC 533871. PMID 15535883. doi:10.1186/1471-2148-4-44.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Battistuzzi FU, Hedges SB (febreiro de 2009). "A major clade of prokaryotes with ancient adaptations to life on land". Molecular Biology and Evolution 26 (2): 335–343. PMID 18988685. doi:10.1093/molbev/msn247.
  4. 1 2 Bern M, Goldberg D (maio de 2005). "Automatic selection of representative proteins for bacterial phylogeny". BMC Evolutionary Biology 5 (1): 34. PMC 1175084. PMID 15927057. doi:10.1186/1471-2148-5-34.
  5. 1 2 3 4 5 6 7 8 Coleman GA, Davín AA, Mahendrarajah TA, Szánthó LL, Spang A, Hugenholtz P, et al. (maio de 2021). "A rooted phylogeny resolves early bacterial evolution". Science 372 (6542): eabe0511. PMID 33958449. doi:10.1126/science.abe0511. hdl:1983/51e9e402-36b7-47a6-91de-32b8cf7320d2.
  6. 1 2 3 Léonard RR, Sauvage E, Lupo V, Perrin A, Sirjacobs D, Charlier P, et al. (febreiro de 2022). "Was the Last Bacterial Common Ancestor a Monoderm after All?". Genes 13 (2): 376. PMC 8871954. PMID 35205421. doi:10.3390/genes13020376.
  7. https://lpsn.dsmz.de/kingdom/pseudomonadati
  8. 1 2 Hug LA, Baker BJ, Anantharaman K, Brown CT, Probst AJ, Castelle CJ, et al. (abril de 2016). "A new view of the tree of life". Nature Microbiology 1 (5): 16048. PMID 27572647. doi:10.1038/nmicrobiol.2016.48.
  9. 1 2 Zhu Q, Mai U, Pfeiffer W, Janssen S, Asnicar F, Sanders JG, et al. (decembro de 2019). "Phylogenomics of 10,575 genomes reveals evolutionary proximity between domains Bacteria and Archaea". Nature Communications 10 (1): 5477. Bibcode:2019NatCo..10.5477Z. PMC 6889312. PMID 31792218. doi:10.1038/s41467-019-13443-4.
  10. Battistuzzi FU, Hedges SB (2009). "Eubacteria". En Hedges SB, Kumar S. The Timetree of Life. Nova York: Oxford University Press. pp. 106–115.
  11. 1 2 Cavalier-Smith T (xullo de 2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biology Direct 1 (1): 19. PMC 1586193. PMID 16834776. doi:10.1186/1745-6150-1-19.
  12. Knoll AH (2003). Life on a Young Planet : The First Three Billion Years of Evolution on Earth - Updated Edition. ISBN 0-691-00978-3. OCLC 1303471348.
  13. Anantharaman K, Brown CT, Hug LA, Sharon I, Castelle CJ, Probst AJ, et al. (outubro de 2016). "Thousands of microbial genomes shed light on interconnected biogeochemical processes in an aquifer system". Nature Communications 7: 13219. Bibcode:2016NatCo...713219A. PMC 5079060. PMID 27774985. doi:10.1038/ncomms13219.
  14. Matheus Carnevali PB, Schulz F, Castelle CJ, Kantor RS, Shih PM, Sharon I, et al. (xaneiro de 2019). "Hydrogen-based metabolism as an ancestral trait in lineages sibling to the Cyanobacteria". Nature Communications 10 (1): 463. Bibcode:2019NatCo..10..463M. PMC 6349859. PMID 30692531. doi:10.1038/s41467-018-08246-y.
  15. Ji M, Greening C, Vanwonterghem I, Carere CR, Bay SK, Steen JA, et al. (decembro de 2017). "Atmospheric trace gases support primary production in Antarctic desert surface soil". Nature 552 (7685): 400–403. Bibcode:2017Natur.552..400J. PMID 29211716. doi:10.1038/nature25014. hdl:2440/124244.
  16. Tahon G, Tytgat B, Lebbe L, Carlier A, Willems A (xullo de 2018). "Abditibacterium utsteinense sp. nov., the first cultivated member of candidate phylum FBP, isolated from ice-free Antarctic soil samples". Systematic and Applied Microbiology 41 (4): 279–290. PMID 29475572. doi:10.1016/j.syapm.2018.01.009.
  17. Rinke C, Schwientek P, Sczyrba A, Ivanova NN, Anderson IJ, Cheng JF, et al. (xullo de 2013). "Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter". Nature 499 (7459): 431–437. Bibcode:2013Natur.499..431R. PMID 23851394. doi:10.1038/nature12352. hdl:10453/27467.
  18. Eloe-Fadrosh EA, Paez-Espino D, Jarett J, Dunfield PF, Hedlund BP, Dekas AE, et al. (xaneiro de 2016). "Global metagenomic survey reveals a new bacterial candidate phylum in geothermal springs". Nature Communications 7: 10476. Bibcode:2016NatCo...710476E. PMC 4737851. PMID 26814032. doi:10.1038/ncomms10476.