Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]
Naceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.
Mestre
[editar | editar a fonte]Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.[3] Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.
Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.
Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Escritor
[editar | editar a fonte]Despois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron senllos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.
Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Prexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras[4][5] como acto de protesta pola política lingüística da Xunta e o seu presidente.[6] No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.[7]
O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo,[8] logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Pereiró de Vigo,[9] co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.[10]
Obra
[editar | editar a fonte]
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.[11][12]
Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.
A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.[12]
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Literatura infantil-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O libro de Merlín (1987). Vigo: Xerais. 134 páxs. ISBN 84-7507-265-8. Ilustracións de Xan Carlos López Domínguez.
- A cidade dos desexos (1989). Vigo: Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán.[13] En Xerais, 2023, ISBN 978-84-1110-260-5. Ilustracións de Ignacio Hernández.
- As flores radioactivas (1990). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 16ª edición. Traducida ao catalán,[14] ao éuscaro,[15] ao castelán[16] e ao asturiano.[17] Ed. de 2013, ISBN 978-84-9914-373-6. Ilustracións de Miguelanxo Prado. 136 páxs.
- Contos por palabras (1991). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición. Traducida ao castelán,[18] ao catalán,[19] ao éuscaro,[20] ao asturiano[21] e ao francés.[22] Ed. de 2010, 152 páxs. ISBN 978-84-9914-155-8. Ilustracións de Enjamio.
- O tesouro do dragón Smaug (1992). Vigo: Galaxia (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán,[23] ao catalán,[24] ao éuscaro[25] e ao aranés.[26]. 29 páxs. ISBN 978-84-7154-853-5. Ilustracións de Fran Jaraba.
- Rapazas (1993). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán,[27][28] ao catalán,[29] ao éuscaro[30] e ao portugués.[31] Ed. de 2003, 176 páxs. ISBN 978-84-8302-962-6.
- As tundas do corredor (1993) Madrid: Edelvives (narrativa infantil). Traducida ao castelán.[32] 47 páxs. ISBN 978-84-263-2542-6. Ilustracións de Fran Jaraba.
- Unha lúa na fiestra (1994). Vigo: Galaxia (narrativa xuvenil). 108 páxs. ISBN 978-84-7154-905-1.
- Trece anos de Branca (1994). Vigo: Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán,[33] ao catalán[34] a ao éuscaro.[35] 128 páxs. ISBN 978-84-96352-52-0.
- Cartas de inverno (1995). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 35ª edición.[12] Traducida ao catalán,[36] ao éuscaro,[37] ao castelán,[38] ao portugués,[39] ao bretón[40] e ao inglés.[41] Ed. de 2018, 176 páxs. ISBN 978-84-9121-340-6.
- Amor dos quince anos, Marilyn (1995). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán[42] e ao catalán.[43] Ed. de 2001, 160 páxs. ISBN 978-84-8302-608-3.
- Avenida do Parque, 17 (1996). Madrid: Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao catalán,[44] ao castelán[45] e ao árabe.[46] 156 páxs. ISBN 9788434888142.
- Lonxe do mar (1996). Madrid: Edelvives (narrativa xuvenil). 61 páxs. ISBN 9788426320292. Ilustracións de Fran Jaraba.
- O centro do labirinto (1997). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 12ª edición. Traducida ao catalán,[47] ao castelán[48] e ao portugués.[49] Ed. de 2014, 240 páxs. ISBN 978-84-9914-804-5.
- A néboa escura (1998). Santiago: Xunta de Galicia (narrativa infantil). 22 páxs.
- O laboratorio do doutor Nogueira (1998). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 5ª edición. Traducida ao castelán,[50] ao éuscaro,[51] ao catalán[52] e ao portugués.[53] Ed. 2007, 112 páxs. ISBN 978-84-9782-503-0.
- As fadas verdes (1999). Madrid: Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao castelán[54] e ao catalán.[55] 104 páxs. ISBN 9788413183565. Ilustracións de Beatriz Castro Arbaizar.
- Cos pés no aire (1999). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición. Traducida ao castelán,[56] ao catalán[57] e ao éuscaro.[58] 80 páxs. ISBN 978-84-8302-861-2.
- A nube de cores (1999). Santiago: Sotelo Blanco (narrativa xuvenil). 40 páxs. ISBN 9788478243433. Ilustracións de Xoán Martínez.
- Aire negro (2000). Vigo: Xerais (novela xuvenil) 13ª edición. Traducida ao catalán,[59] ao castelán,[60] ao éuscaro,[61] ao inglés[62] e ao búlgaro.[63] Ed. de 2012, 216 páxs. ISBN 978-84-9914-431-3.
- O soño do merlo branco (2000). Arteixo: Everest Galicia (novela xuvenil). Traducida ao castelán.[64] Ed. de 2016, 144 páxs. ISBN 978-84-9121-122-8. Ilustracións de Lucía Cobo.
- No corazón do bosque (2001). Vigo: Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán,[65] ao catalán[66] e ao éuscaro.[67] 144 páxs. ISBN 978-84-8302-749-3. Ilustracións de Miguelanxo Prado.
- Un tren cargado de misterios (2001). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán[68] e ao chinés.[69] 56 páxs. ISBN 978-84-8302-691-5. Iustracións de Enjamio.
- Ana e o tren máxico (2001). Vigo: Xerais (novela xuvenil). 16 páxs. ISBN 978-84-8302-747-9.
- Noite de voraces sombras (2002). Vigo: Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán,[70] ao catalán[71] e ao éuscaro.[72] 176 páxs. ISBN 978-84-8302-910-7.
- O meu nome é Skywalker (2003). Madrid: Edicións S. M. Traducida ao castelán,[73] ao catalán,[74] ao esloveno[75] e ao coreano.[76] 88 páxs. ISBN 9788498546798. Ilustracións de Puño.
- A serea da Illa Negra (2003). Vigo: Edicións Tambre. 112 páxs. ISBN 9788426350244.
- A praia da esperanza (2003). Vigo: Xerais. Ed. de 2024, 104 páxs. ISBN 978-84-1110-360-2. Ilustracións de Teresa Novoa.
- Tres pasos polo misterio (2004).Vigo: Xerais, 5ª edición. Traducida ao catalán[77] e ao castelán.[78] 216 páxs. ISBN 978-84-9782-105-6.
- Raquel ten medo (2004). Vigo: Xerais (narrativa infantil). Traducida ao castelán,[79] ao catalán[80] e ao éuscaro.[81] 24 páxs. ISBN 978-84-9782-156-8. Ilustracións de Marina Seoane.
- Laura e os ratos (2004). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán,[82] ao catalán[83] e ao éuscaro.[84] Hai tamén unha edición bilingüe inglés-castelán.[85] 23 páxs. ISBN 9788497821438. Ilustracións de Rocío del Moral.
- A escola dos piratas (2005). A Coruña: Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán,[86] ao catalán,[87] ao éuscaro,[88] ao coreano[89] e ao chinés.[90] 160 Páxs. ISBN 978-84-96352-10-0. Ilustracións de Lluis Fillela.
- A noite dos animais (2005). Vigo: Galaxia. Traducida ao castelán[91] e ao catalán.[92] 60 páxs. ISBN 978-84-8288-805-7.
- A fuxida do mar (2005). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán,[93] ao catalán[94] e ao éuscaro.[95] 24 páxs. ISBN 9788497822886. Ilustracións de Enric Solbes.
- Fantasmas no corredor (2005). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán[96] e ao catalán.[97] 64 páxs. ISBN 978-84-9782-360-9. Ilustracións de Óscar Villán.
- ¡Que medo, mamá Raquel! (2005). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-84-9782-380-7. Ilustracións de Fran Jaraba.
- Corredores de sombra (2006). Vigo: Xerais(narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán,[98] ao catalán[99] e ao inglés.[100] 232 páxs. ISBN 978-84-9782-425-5.
- Os gardiáns do bosque (2006). A Coruña: Baía Edicións. Traducida ao castelán,[101] ao catalán[102] e ao éuscaro.[103] 32 páxs. ISBN 9788496526563. Ilustracións de Cristina Durán, Giner Bou.
- Querido inimigo (2006). A Coruña: Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán.[104] 56 páxs. ISBN 978-84-8349-021-1.
- O raio veloz (2006). Traducida ao castelán.[105] Alcalá de Henares: Óxford. 104 páxs. ISBN 9788467356298. Ilustracións de Federico Delicado.
- O único que queda é o amor (2007). Vigo: Xerais, (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán,[106] ao catalán,[107] ao portugués,[108] ao éuscaro,[109] ao coreano[110] e ao inglés.[111] Ed. de 2014, 176 páxs. ISBN Ilustracións de Pablo Auladell.
- A pastelaría de dona Remedios (2008). A Coruña: Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán.[112] 64 páxs. ISBN 9788483491225. Ilustracións de Mabel Piérola.
- ¡Upa! (2008). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán,[113] ao catalán,[114] ao éuscaro[115] e ao chinés.[116] 24 páxs. ISBN 9788497827942. Ilustracións de Noemí Villamuza.
- A dama da luz (2009). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-9914-024-7. Ilustracións de Jorge Magutis.
- Lúa do Senegal (2009). Vigo: Xerais(narrativa infantil-xuvenil), 3ª edición. Traducida ao castelán[117] e ao catalán.[118] 200 páxs. ISBN 978-84-9782-556-6: Ilustracións de Marina Seoane.
- Valados (2009). Xerais. Traducida ao castelán,[119] ao catalán[120] e ao italiano.[121] 72 páxs. ISBN 978-84-9914-049-0. Ilustracións de Xan López Domínguez.
- Corazón de pedra (2011). San Fernando de Henares: Oxford. Traducida ao castelán.[122] 87 páxs. ISBN 978-84-673-5800-1.
- Fantasmas de luz (2011). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán[123] e ao catalán.[124] 192 páxs. ISBN 978-84-9914-497-9. Ilustracións de Miguelanxo Prado.
- As fronteiras do medo (2012). A Coruña: Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán[125] e ao catalán.[126] 184 páxs. ISBN 978-84-96352-77-3.
- Malos tempos para os fantasmas (2012). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán[127] e ao catalán.[128] 176 páxs. ISBN 978-84-9914-437-5. Ilustracións de Patricia Castelao.
- Zeralda e o dragón (2012). Vigo: Galaxia. 52 páxs. ISBN 978-84-9865-465-3. Ilustracións de Fran Jaraba.
- Desde unha estrela distante (2013). Vigo: Xerais. Traducida ao catalán[129] e ao castelán.[130] 168 páxs. ISBN 978-84-9914-492-4. Ilustracións de Pinto.
- Amizades secretas (2015). A Coruña: Rodeira-Edebé. 72 páxs. ISBN 9788483493946. Ilustracións de Marta Altés García.
- A neve interminable (2015). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán,[131] ao catalán[132] e ao éuscaro.[133] 200 páxs. ISBN 978-84-9914-838-0.
- O segredo da Illa Negra (2015). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán.[134] 120 páxs. ISBN 978-84-9914-847-2. Ilustracións de Miguelanxo Prado.
- O soño do Merlo Branco (2016). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-122-8. Ilustracións de Lucía Cobo.
- A casa do medo (2016). A Coruña: Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán.[135] 132 páxs. ISBN 9788483495315.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Non hai noite tan longa (2011). Vigo: Xerais. Traducida ao catalán.[136] 272 páxs. ISBN 978-84-9914-252-4.
- O rastro que deixamos (2012). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-9914-449-8. Reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos.[137]
- A viaxe de Gagarin (2014). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán.[138] 280 páxs. ISBN 978-84-9914-668-3.
- Un mundo de palabras (2017). Vigo: Xerais. 150 páxs. ISBN 9788491212348.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega (1989). Xunta de Galicia. 121 páxs. ISBN 84-453-0049-0.
- Os libros infantís galegos (1989). Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 9788445300534.
- Para lermos cómics (1989). Santiago: Xunta de Galicia. Traducida ao asturiano.[139] 93 páxs.
- Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas (1990). Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-033-9.
- Facermos cómics (199). Vigo: Xerais. 28 páxs. ISBN 978-84-7507-548-8.
- Os cómics nas aulas (1992). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 9788475076034.
- A literatura infantil e xuvenil en galego (1999). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-8302-402-7.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]
- Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
- Imos xuntos camiñar, 1999.
- Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
- Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
- Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
- Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- O son das buguinas, 2007, Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- Os dereitos da infancia, 2014, Xerais.
Galardóns
[editar | editar a fonte]
- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1976, por Xocas, astronauta.
- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1980, por O rescate das palabras.
- Premio Merlín de Literatura Infantil no 1989, por As flores radioactivas.
- Premio Lazarillo no 1990, por Contos por palabras.
- Lista de Honra do IBBY no 1992 por Contos por palabras.
- O Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
- Premio Edebé de literatura xuvenil no 1994, por Trece anos de Branca.
- Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano no 1995, por Cartas de inverno.
- Premio Raíña Lupa no 1998, por Cos pés no aire.
- Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) no 2001, por Aire negro.
- Premio Protagonista Jove no 2001, por Aire negro.
- Lista de Honra do IBBY no 2002, por Aire negro.
- Premio Irmandade do Libro no 2003.
- Premio Lecturas GALIX no 2003, por Contos por palabras e Un tren cargado de misterios.
- Premio O Barco de Vapor no 2003, por O meu nome é Skywalker.
- Premio Edebé de Literatura Intantil no 2005, por A escola dos piratas.
- Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos) no 2006, por Corredores de sombra.
- Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado no 2006 , por Raquel ten medo.
- O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil) 4ª Edición -
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, por O único que queda é o amor.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de literatura infanto-xuvenil en 2008, por O único que queda é o amor.
- Adicación dun Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2008,
- Premio Literario Frei Martín Sarmiento de (3º ESO a Bacharelato) en 2008, por O único que queda é o amor.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008, pola obra O único que queda é o amor, outorgado polo Ministerio de Cultura de España.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2008.
- Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Lúa do Senegal.
- Premio Cultura Galega das Letras no 2010 [140]
- VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil no 2011.[141]
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2011.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos no 2011, por Non hai noite tan longa.
- Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Non hai noite tan longa.
- Premio da Irmandade do Libro ao Libro do ano 2011, por Non hai noite tan longa.
- Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2012, por Non hai noite tan longa.
- Premio de literatura infanto-xuvenil da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Fantasmas de luz.
- Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara no 2012.[142]
- Premio da Crítica Galicia 2012 en Creación literaria pola súa obra Fantasmas de luz (18 de outubro de 2012).
- En xuño de 2012 o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo propuxo o seu nomeamento como doutor honoris causa[143]. O 12 de novembro de 2012 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
- Autor en galego máis destacado do 2012 en Redelibros.
- Premio Fervenzas Literarias de Ensaio no 2012, por O rastro que deixamos.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2012.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción do 2012, por O rastro que deixamos.
- Premio Trasalba en 2014.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2014.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción de 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2015, por A viaxe de Gagarin.
- Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2016, por A neve interminable.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández paz, Agustín. "DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA" (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Morre Agustín Fernández Paz, agarimo das letras galegas". Praza.gal. 12 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.
- ↑ Carneiro, Montse (2 de maio de 2004). ""Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos"". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ C., R. "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel. "Sen cartos pero con polémica". El País. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción (29-07-2020). "Cando Agustín Fernández Paz rexeitou un premio de Feijóo por "agredir á cultura que finxe reivindicar"". galiciaconfidencial.com. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2020. Consultado o 30-7-2020.
- ↑ Rey, Noemí (28 de xaneiro de 2013).